OBRADOIRO "ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO"

28/01/2019

OBRADOIRO "ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO"

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada colabora na organización dun curso no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: OBRADOIRO 'ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO', en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E

FICHA DO CURSO


Datas: 25-28/02/2019

 

Duración 20 HORAS

Horario 09:30 – 14:30 HS

Lugar de celebración: Concello de Sada (Salón de Plenos), Avenida do Porto, 24, Sada

Para inscribirte neste obradoiro preme aquí

 

OBXECTIVOS

- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.

- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.

- Elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto.

- Avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.

 

PROGRAMA

Módulo 1.- Introdución ao plan de empresa.

Módulo 2.- Area Comercial e de Mercado

Módulo 3.- Área Económico- Financeira

Módulo 4.- Area Organizativa e trámites de constitución.

 

CONTIDOS

1º sesión.- Presentación de Espazocoop e da Rede Eusumo. O plan de empresa como ferramenta de diagnose e planeamento: modelos e recursos para a súa elaboración. Cuestionarios de avaliación do perfil

emprendedor e áreas do plan. O DAFO.

2º sesión.- Área Comercial e de Mercado: o noso produto, servizo, clientes, mercado, competencia, intercooperación.

3º sesión.-. Área Económico- Financeira: Plan de investimentos e financiamento, contas de resultados e tesourería previsional, análise de sensibilidade.

4º sesión.- Area de organización: estatutos e regulamento de réxime interno, acta de constitución, trámites e calendario para a posta en marcha. Ferramentas e recursos.

 

METODOLOXÍA

Experiencial, activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de

acción, reflexión e debate.

A acción formativa configúrase en 4 sesións de 5 horas de duración cada unha.

 

DIRIXIDO A

Persoas con ideas empresariais para ser desenvolvidas de xeito cooperativo preferentemente.


Arquivado en:
Novas. Avisos. Urbanismo e emprego. Sada.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Formación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA