OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA EN SADA

20 / AGO / 2020

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA EN SADA

Dende a concellería de cultura de Sada programan dous obradoiros gratuítos de escrita creativa, un deles dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos e outro a persoas adultas.

Formulario de inscrición para rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos

Formulario de inscrición para persoas adultas

 

En que consiste?

Este obradoiro ofrecerache as ferramentas necesarias para comezar e perfeccionar a túa escrita creativa en prosa para que poidas deixar voar a túa imaxinación e plasmala nun papel.

 

A escrita ten múltiples beneficios e ademais, sen darte de conta, estarás mellorando aspectos como a gramática, a ortografía ou a sintaxe. Traballaranse aspectos formais e aspectos creativos, mediante a realización de actividades prácticas e divertidas nas que se incluíran xogos e lecturas en grupo así como a participación nalgún certame literario, deixando a parte teórica relegada a un segundo plano.

 

Cando son os obradoiros?

 

Ambos obradoiros teñen unha duración de 5 sesións, que se levarán a cabo todos os sábados de setembro (5,12,19 e 26) e o sábado 10 de outubro, atendendo aos seguintes horarios:

 

- Obradoiro creativo para persoas adultas: 10:30 a 12:00h

 

- Obradoiro creativo para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos: 12:30 a 14:00h

 

Como teño que facer para inscribirme?

 

O prazo de inscrición abrangue dende o día 21 de agosto ata o 3 de setembro. Disponse dun total de 10 prazas. Ditas prazas adxudicaranse rigorosa orde de inscrición e serán prioritarias aquelas persoas empadroadas en Sada.

 

Formulario de inscrición para rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos

Formulario de inscrición para persoas adultas

 

Teño dúbidas...

 

Para máis información podes poñerte en contacto coa concellería de cultura:

 

Chamando ao 981620331, de luns a venres de 09:00 a 14:00.

 

Enviando un correo a sada.gal@sada.es 

 

 

Arquivado en