Obradoiro de defensa persoal en Sada

21 / MAI / 2021

Obradoiro de defensa persoal en Sada

O Club Taekwondo Sada e a Rede feminista Sadense coa colaboración do Concello de Sada, a través da concellería de Deportes, organizan un obradoiro de defensa persoal gratuito para persoas maiores de 15 anos o domingo 13 de xuño.

Formulario de inscrición obradoiro defensa persoal

O obradoiro de defensa persoal gratuito o impartirá un monitor especializado e titulado e respetando o protocolo fisicovid da FGT e da Xunta de Galicia.

Este curso terá lugar o 13 de xuño ás 11:00h, na sexta planta do Hotel Alda Sada Marina. Ao rematar a actividade farase entrega de un diploma de participación a cada participante.

Será obrigatorio para as persoas participantes asistir con mascarilla. Na entrada contarase con medidores de temperatura sen contacto e xel desinfectante para ás mans. 

Esta actividade é gratuita pero conta con reserva de praza. Todas as persoas que queiran apuntarse ou recibir máis información poden chamar ao 637356436 ou anotarse no formulario

Arquivado en