O vinilo coa frase de Neira Vilas xa loce na Biblioteca Municipal

10/05/2016

O vinilo coa frase de Neira Vilas xa loce na Biblioteca Municipal

Esta mañá colocouse o vinilo na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo coa frase gañadora da actividade dos identificadores do Día do Libro. Preto de 400 frasaes participaron no concurso que desde o ano 2012 organiza a Biblioteca Municipal.

Un xurado elexiu a frase gañadora que dende hoxe decora as paredes da biblioteca nun vinilo deseñado polo ilustrador David Prieto (Gochi) quen levou a cabo o seu traballo grazas a subvención da Xunta de Galicia incluida dentro do programa "Ler conta moito".

A gañadora foi Flor López, na foto xunto ao concelleiro de Cultura, Marcos Villar, empregada do Centro de Día de Mondego, quen participou nesta actividade coa frase "Todo está en querer, a vontade e a forza de moitos pode arrincarlle zume ás pedras" do libro "Querido Tomás" de Xosé Neira Vilas. Ademáis de decorar as paredes da biblioteca coa súa frase, a gañadora tivo como premio unha cea nun restaurante ou bar de Sada por un prezo máximo de 160 euros que gozou xunto cos seus compañeiros de traballo.

 

Arquivado en:
Novas. Cultura.

Temas:
Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA