O servizo de emprego de Sada informa dun obradoiro audiovisual

18 / NOV / 2016

O servizo de emprego de Sada informa dun obradoiro audiovisual

O servizo de emprego de Sada informa dun Obradoiro Audiovisual para persoas menores de 30 anos.

Obxectivo: achegar ao alumnado, o entorno ao mundo da imaxe,  o son, o ámbito audiovisual,  radio, cine, música, fotografía

Duración: 110 h.

Data: comezo en Decembro

Horario: Martes e xoves de 10:00 a 18:00 h. (con descanso para comer)

Lugar: Estudio de gravación de Pocomaco

Dietas: Páganse dietas de desprazamento

Inscrición na Bolsa de emprego de Paideia

Dirixido: A xóvenes entre 16 – 29 anos, demandantes de emprego e inscritos no Programa de Garantía Xuvenil.

Inscrición: http://www.paideia.es/talleres-socio-ocupacionales/#formulario_talleres

Máis información sobre o OBRADOIRO AUDIOVISUAL no seguinte enlace: http://www.paideia.es/talleres-socio-ocupacionales/

Se non estás incrito e non sabes en que consiste o Programa de garantía Xuvenil....

EN QUE CONSISTE?

É unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso da mocidade ó mercado de traballo, establecendo que as persoas mozas poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras ter finalizado os seus estudos ou quedar desempregados.

· Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión. Tamén poderán inscribirse as persoas estranxeiras titulares  dunha autorización para residir que habilite para traballar.

· Estar empadronado en calquera localidade do territorio español.

· Non ter traballado nos 30 días anteriores á data de presentación da solicitude, segundo informe de vida laboral.

· Non ter recibido accións educativas que conleven máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.

· Non ter recibido accións formativas que conleven máis de 40 horas mensuais nos 30 días anteriores á data de presentación da solicitude.

Web do Programa: http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/es/

Se queres máis información sobre esta acción formativa e/ou sobre o Sistema de Garantía Xuvenil acude ao Servizo de Emprego do Concello de Sada

Arquivado en