O pavillón do albergue Xuvenil da Marina, nova instalación para os sadenses

25 / OUT / 2016

O pavillón do albergue Xuvenil da Marina, nova instalación para os sadenses

A política do goberno local por sumar espazos continuará en próximas datas, segundo revelaron desde a concellaría de Deportes, xa que para potenciar a actividade física no municipio están a ultimarse dous convenios máis, un co instituto Isaac Díaz Pardo, para a utilización do pavillón cuberto, e outro co Concello de Bergondo, para o uso do campo de fútbol de O Convento.

Este verán, os sadenses contaron cunha piscina de deseño, grazas ao acordo con Cerámicas do Castro. Desde onte suman outra instalación deportiva, xa que se abriu o pavillón do Albergue Xuvenil Marina Española para os deportistas locais, tras un acordo coa Dirección Xeral de Xuventude que se xestou hai un ano, cunha reunión que tiveron o alcalde, Benito Portela, e a concelleira Zeltia García, con Cecilia Vázquez. 

Participantes nas escolas deportivas municipais estrearon onte este pavillón, situado no límite de Sad con Bergondo,  nunha política por sumar espazos que continuará en próximas datas, segundo revelaron desde a concellaría de Deportes, xa que para potenciar a actividade física no municipio están a ultimarse dous convenios máis, un co instituto Isaac Díaz Pardo, para a utilización do pavillón cuberto, e outro co Concello de Bergondo, para o uso do campo de fútbol de O Convento. 

Así mesmo, desde o Concello anúnciase que se seguirá con esta política para conseguir tamén que o Instituto Galego dá Vivenda e Solo ceda sete locais situados nos baixos das vivendas sociais da costa de Ouces, na avenida Vicente Viqueira, para que poidan ser utilizados por asociacións locais e clubs deportivos do municipio. Estes espazos levan baleiros desde a entrega das vivendas sociais fai quince anos e o que se expón é que leve a cabo unha cesión, un aluguer ou unha poxa para que poidan ser utilizados, tras acometer as oportunas reformas. Esta demanda vén dada polo auxe deportivo en Sada, onde existen preto de vinte clubs de distintos deportes e polos participantes nas 21 disciplinas que se ofrecen nas escolas deportivas municipais. 

Axudas a entidades 

O goberno municipal tamén aprobou a semana pasada, na xunta de goberno local, as bases reguladoras de axudas a entidades deportivas, para o que destina 56.000 euros. As subvencións concederanse en réxime de concorrencia competitiva e valorarase, para concedelas, o número de licenzas, a capacidade de integración do deporte, a relación contractual dos monitores, o fomento do deporte feminino, o impulso do deporte en colectivos en risco de exclusión social e a promoción do deporte adaptado.

Arquivado en