O goberno de Sada solicita a declaración como Ben de Interese Cultura (BIC) do complexo de Cerámicas do Castro

19 / DEC / 2015

O goberno de Sada solicita a declaración como Ben de Interese Cultura (BIC) do complexo de Cerámicas do Castro

A proposta levarase ao pleno ordinario do 30 de decembro para instar á Consellería de Cultura a tramitación da declaración de BIC da fábrica Cerámicas do Castro, o Museo Carlos Maside, o Laboratorio de Formas de Galicia e o taller do intelectual D. Isaac Díaz Pardo.

O goberno local recorda que o Parlamento de Galicia xa ten aprobado por unaminidade instar a Xunta de Galicia o inicio dos expedientes de declaración de BIC do complexo do Castro de Samoedo no ano 2010 sen que ata o momento se producise a tramitación.


 
Sada 19 decembro 2015.

O goberno de Sada levará ao próximo pleno ordinario “instar á Consellería de Cultura a tramitación e declaración como Ben de Interese Cultural do complexo identificado como Cerámicas do Castro”

Dende a concellería de Urbanismo, xestionada por Francismo Montouto, se presenta esta solicitude considernado que dito complexo reúne as condicións para ser declarado BIC na categoría de “conxunto histórico” ao referirse a “agrupación de bens inmobles de carácter industrial e cultural, condicionada por una estructura física representativa da evolución dunha comunidade humana, por ser testemuño da cultura do pobo de Galicia e constituir un valor de uso e gozo para a colectividade”.

Segundo Montouto, “os concellos teñen a obriga de protexer, defender, realizar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal, e en Sada temos a obriga de defender o complexo das Cerámicas do Castro.”

O goberno local sinala que o Parlamento de Galicia xa tiña aprobado no ano 2010, e por unaminidade dos seus membros, instar “a Xunta de Galicia a iniciar axiña os expedientes para declarar ben de interese cultural os recintos dos complexos do Castro de Samoedo e Sargadelos, ligados ao Laboratorio de Formas, incluindo as coleccións e bibliotecas neles contidas, de xeito que o expediente relativo ao complexo Sargadelos complete integralmente a declaración en vigor” (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 377 do 20 de decembro de 2010)

Ademáis sinalan que o procedemento para a declaración de Ben de Interese Cultural, coa categoría de monumento, a favor da Fábrica de Cerámica de Sargadelos no termo municipal de Cervo (Lugo) xa foi iniciado mediante resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 25 de xaneiro de 2013, estando pendente a incoación e tramitación como BIC do complexo Cerámicas do Castro de Sada.

Por todo elo o goberno de Sada, a través da concellería de Urbanismo, solicitará a tramitación da declaración de BIC da fábrica Cerámicas do Castro, o Museo Carlos Maside, o Laboratorio de Formas de Galicia e o taller do intelectual D. Isaac Díaz Pardo.

Cerámicas do Castro

O complexo industrial de Cerámicas do castro iniciou as súas actividades en 1949. Preto dun castro celta no concello de Sada levantouse a primeira fábrica da nova Sargadelos, na que se volveron a producir cerámicas feitas coas terras do norte lugués. A fábrica foi creada polo intelectual, artista e empresario galeguista, Isaac Díaz Pardo.

En 1960 construiuse una nova planta incorporando a súa producción deseños entroncados con motivos abstractos xeométricos tomados do románico e do barroco galegos ou as formas que, dalgún modo, gardan un paralelismo co simbolismo formal da arte románico.

En 1963, Cerámicas do Castro e o Laboratorio de Formas asinan un convenio para a creación do Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro e outras institucións ideadas para traballar na recuperación da memoria histórica de Galicia.

O Múseo Carlos Maside inaugurouse en 1970 como un centro cultural vivo onde reunir parte da plástica galega contemporánea. Na súa colección permanente exhíbense obras de Francisco Lloréns, Castelao, Bonome, Laxeiro, Xulia Minguillón, Lugrís, Seoane, Francisco Asore, Xosé Frau, Maside ou Colmeiro.

O edifio proxectado por Andrés Fernández-Albalat, componse de varios volúmenes de forma hexagonal e diferentes alturas, unidos formando un orixinal conxunto. Cada un consta dunha cubrición piramidal. Ademáis os lados de cada figura atópanse pintados de gran colorido.

O complexo do Castro non responde a un deseño preconcebido dunha soa vez. Naceron sen un orde de realización, posibilitados por esforzos e recursos, máis ben patrióticos, chegados con dificultades de todo tipo.

“O Laboratorio de Formas, nacido na Galicia emigrada como feito da vontade de dous artistas, proponse o estudo das formas desenvolvidas no pasado galego e as que aínda hoxe alentan, herdadas dese pasado, no noso presente". Así comeza o Manifesto do Laboratorio de Formas, redactado por Luís Seoane coa contribución de Isaac Díaz Pardo en 1963.

Coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia deséñanse as liñas estructurais básicas para a recuperación da memoria históica. Así, a carón de emprendementos para producir e reproducir obxetos industriais, había que recoller para o seu estudo e divulgación obra e documentación do movemento renovar da arte galega a partir de Castelao; promocionar e espallar o estudo da historia contemporánea de Galicia; recuperar a imaxe do que fora Sargadelos onde hai 200 anos deseñarase una empresa industrial pioneira en plantetaxementos xurídicos e éticos que constituen un referente; mellorar a imaxe da información e da comunicación e realizar e apoiar todo tipo de investigación que tivera Galicia no seu horizonte.