O exterior da Pintor Lloréns acolle a exposición Ruta do Impresionismo

12 / ABR / 2018

O exterior da Pintor Lloréns acolle a exposición Ruta do Impresionismo

O concelleiro de Turismo, Liss Suárez Becerra, destaca que o que se pretende con esta exposición é “por en valor e divulgar a obra de Francisco Llorens como “O Pintor de As Mariñas”; difundir o patrimonio natural, patrimonial e etnográfico do xeodestino de As Mariñas, e neste caso Sada; e finalmente mostrar o potencial do turismo cultural e paisaxístico no territorio, como valor engadido e complementario á oferta turística actual”.

Sada, 12 abril 2018.

A Ruta do Impresionismo das Mariñas chega a Sada, da man do Consorcio das Mariñas e a concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, e instálase nos exteriores da Casa da Cultura que leva o nome do máximo expoñente do impresionismo nas Mariñas, Francisco Lloréns. Esta ruta trata de divulgar á cuidadanía a singularidade e importancia do territorio das Mariñas como fonte de inspiración dun artista de recoñecido prestixio a nivel internacional como é Lloréns.

Organizada polo Consorcio das Mariñas, coa colaboración da concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, a exposición aposta polo turismo cultural que representa unha variable estratéxica e importante alternativa de desenvolvemento turístico na zona, a cal pode contribuir a mitigar a estacionalidade do sector turístico e a preparar o noso territorio de cara á futura apertura de novos mercados.

Coa posta en marcha da Ruta do Impresionismo das Mariñas, preténdese potenciar o turismo na área mediante un enfoque creativo o cal permita diferenciar esta zona doutros lugares, por aspectos de gran valor e que non son comúns. Trátase dunha aposta polo turismo sostible, a conservación do patrimonio paisaxístico, natural, cultural e etnográfico do territorio.