O alcalde de Sada solicitou no pleno do Consorcio a exención da taxa pola recollida de lixo para familias con poucos recursos económicos e bonificacións para emprendedores

11 / OUT / 2016

O alcalde de Sada solicitou no pleno do Consorcio a exención da taxa pola recollida de lixo para familias con poucos recursos económicos e bonificacións para emprendedores

-Outra das enmendas presentadas polo alcalde de Sada no pleno de onte correspondeu a unha aclaración da proposta que Portela xa presentara no mes de xullo no Consorico das Mariñas tendente a aplicar só unha tarifa de recollida de lixo para os profesionais que traballan na súa casa. Esta propostas é froito das reunións de participación cidadá que o alcalde e o goberno local realizan cos veciños de Sada e que Portela asegurou que levaría ao pleno do Consorcio.

Sada 11 outubro 2016.

No transcurso do pleno do Consorcio das Mariñas celebrado onte o alcalde de Sada, Benito Portela, presentou dúas enmendas para a modificación da ordenanza pola recollida, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos.

A primeira delas solicitaba dos alcaldes do pleno do Consorcio o apoio aos efectos de incluír na disposición normativa da ordenanza unha bonificación do 50% da taxa durante os tres primeiros anos por inicio de actividades de emprendemento así como a exención, ou a bonificación, en diferentes supostos para familias con poucos recursos económicos.

A bonificación fiscal para emprendedores que solicitou o alcalde de Sada establecese no 50% durante os tres primeiros anos, a contar desde o comezo efectivo da actividade, para aqueles suxeitos pasivos, persoas físicas ou xurídicas, que se constitúan en emprendedoras.

No correspondente á exención e bonificación da taxa de recollida de lixo para familias con poucos recursos Portela incluía a exención para persoas perceptoras do RISGA, axudas de inclusión social, ou outros rexímenes públicos de protección. Ademáis aplicable tamén ás familias numerosas ou monoparentais, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, nestes últimos casos se a renda neta non supera o IPREM.

A bonificación da taxa de recollida de lixo, segundo a proposta do alcalde de Sada, contempla unha redución do 75% para familias con renda inferior o igual ó IPREM e para  vítimas  de violencia de xénero con sentenza firme. E do 50% para persoas maiores de 65 anos que vivan soas, persoas desempregadas de longa duración e persoas con grao de discapacidade menor ao 65%.

Esta enmenda fixo que o punto se deixase sobre a mesa, á espera dos informes do persoal xurídico, para debatir no próximo pleno do Consorcio.

A outra enmenda que o alcalde de Sada presentou no pleno do Consorcio foi unha proposta que o propio Portela xa adiantara hai uns meses. Portela enviou a principio de xullo ao Consorcio das Mariñas a proposta de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de para no caso de realización de dous o máis feitos impoñibles nun mesmo local, ou en despachos profesionais que o domicilio fiscal coincide coa vivenda, fose obxecto de tributación aquel ao que corresponda a tarifa de maior contía e polos metros totais do local.

Esta proposta do alcalde de Sada foi incluída no pleno de onte pero cunha variación que Portela solicitou enmendar. Segundo o alcalde de Sada esta modificación e resultado da “dificultade que atopamos naquelas actividades profesionais que non se exercen nun local, sino na propia vivenda. Non debemos esquecer que o servizo ou actividade municipal non ten como fin o cobro da taxas, sino consiste na satisfacción da necesidade do servizo polo municipio e actualmente o cobro ós titulares de calquera  actividade profesional  no que o domicilio fiscal coincide co a súa residencia están dobremente gravados, dita duplicidade eliminaríase tan só aboando unha das dúas tarifas, a de maior contía”

Por todo iso o alcalde de Sada propoñía ao Consorcio que “no caso de realización de dous o máis feitos impoñibles nun mesmo local, ou en despachos profesionais que o domicilio fiscal coincide coa vivenda, entenderase que é obxecto de tributación aquel ao que corresponda a tarifa de maior contía e polos metros totais do local, agás nos epígrafes 9.1, hoteis, hostais e moteis e 9.2, casa de hospedaxe e establecementos análogos, nos que serán obxecto de tributación tódolos feitos impoñibles que se desenvolvan no mesmo local”.

 

Arquivado en