O alcalde de Sada presentará en Augas de Galicia un Convenio para a execución da obra de canalización do Río Maior

10 / FEB / 2017

O alcalde de Sada presentará en Augas de Galicia un Convenio para a execución da obra de canalización do Río Maior

-O goberno local demandará que Augas de Galicia inclúa esa obra nos seus plans de actuacion deste ano, lembrando tamén que a propia Xunta poida declarala de interese da Comunidade Autónoma para unha mais rápida tramitación e execución, tal e como prevé a Lei de augas de Galicia.

-O goberno local presentaralle de inmediato a Augas de Galicia unha proposta de Convenio para a execución da obra, no que sería o ente autonómico quen asuma a redacción e execución da obra, colaborando o concello no financiamento dunha parte do seu orzamento de adxudicación.

Sada, 10 febreiro 2017.

O alcalde de Sada, Benito Portela, solicitou unha entrevista co director de Augas de Galicia para acordar a cooperación institucional para a execución dunha obra que debe ser proxectada e executada por Augas de Galicia.

Despois de que no Parlamento Galego o Partido Popular non aceptase a enmenda aos orzamentos da Xunta que buscaba a subvención dunha parte do proxecto da obra de canalización do Río Maior, o alcalde de Sada solicitou esta mañá unha reunión urxente en Augas de Galicia para solucionar este problema. “"Estamos aqui para resolver os problemas da xente  deixa claro Portela, e que poidan suceder máis inundacións en Sada é un problema grave. Augas de Galicia ten a capacidade técnica e solvencia necesaria para executar esta obra máis rápido que nos por eso solicitamos a inclusión nos orzamentos da Xunta desta obra. O menos que poden facer é incluir unha partida para algo tan básico como resolver os problemas dos veciños e veciñas de Sada”

O rexeitamento da inclusión da obra como proxecto específico nos Orzamentos da Xunta para o 2017, rexeitamento que o goberno lamenta, non impide a execucion desta obra hidraulica pola administracion que lle compete, que é a Xunta (Augas de Galicia), con independencia de que o concello poida conveniar a transferencia dunha parte do seu custo.

O goberno de Sada demandará que Augas de Galicia inclúa esa obra nos seus plans de actuacion deste ano, lembrando tamén que a propia Xunta poida declarala de interese da Comunidade Autónoma para unha mais rápida tramitación e execución, tal e como prevé a Lei de augas de Galicia.

O goberno local presentaralle de inmediato a Augas de Galicia unha proposta de Convenio para a execución da obra, no que sería o ente autonómico quen asuma a redacción e execución da obra, colaborando o concello no financiamento dunha parte do seu orzamento de adxudicación.

“A cidadania de Sada, sinala Portela, non entenderia que a Xunta non asumise as suas responsabilidades competenciais nunha obra tan urxente como necesaria, moito mais cando, como é o caso, o concello está disposto a conveniar unha parte razonable do seu financiamento”. 

Arquivado en