Medio cento de establecementos de Sada colaboran co Truco ou Trato

17 / OUT / 2019

Medio cento de establecementos de Sada colaboran co Truco ou Trato

Un total de 45 establecementos comerciais e de hostalería participarán na actividade Truco ou Trato que terá lugar na tarde do 31 de outubro.

Sada, 17 outubro 2019

A concellería de Mocidade programa a actividade do"Truco ou Trato" dentro das festas do Samain Sada 2019 destinada ao conxunto de establecementos comerciais e de hostalaría sadenses e ao divertimento das nenas e nenos do municipio que poderán solicitar lambonadas e caramelos durante a xornada do Samaín.

Os locais particopantes a onde poden acudir os nenos e nenas de Sada son O Teu PC, Cafetería New York, Muelle 33, Meigallo Complementos, Ciclos Paco Xoguetería, Pequeño Tío, Yari Peluquería y Estética, Badana, Motorobal, Peluquería Roberto Ríos, Tere Moda, Tere Calzado y Complementos, Parchis Centro de Ocio Infantil, Galatea, Edu´s, Café-Bar A Pulgueira, Escuela del Arte, Papelería Labarrosa, La Patata Brava, Cafetería Vagalume, Xeitosiña Restaurante, Dans, Chuches Sol, Pescadería O Cancrexo, Peluquería Roche, Café Bar Leos, Cagetería Grilo, Zumolandia, BTV Instalaciones, Mercería Fíos, B3, Faísca Marola, Zumolandia Gelato, Farmacia Arce Martínez, Fontela 2000, Centro Deportivo Sada, Trebol, papelería Carlin, Viajes Ecuador, Segursada, Librería López, Lola Moda y Complementos, Meniños e Centro Sueiras.

Nesta actividade cada local recibirá do Concello de Sada unha cantidade de golosinas para repartir na tarde do xoves 31 de outubro aos nenos/as que participen no Truco ou Trato. 

 
PROGRAMACIÓN COMPLETA DO SAMAÍN SADA 2019
  • A HISTORIA DO SAMAÍN

17:00 - 18:15 - Casa da Cultura Pintor Lloréns. Entrada de balde ata completar aforo. Dirixido a público familiar 

Actividade onde contarase aos nenos e nenas de onde procede a festividade do Samaín a través dun conto moi especial onde os propios nenos e nenas convertiranse en protagosnistas da historia

  • TRUCO OU TRATO

18:00 - 20:30 - Nos comercios e locais colaboradores. Busca o distintivo en cada uno de eles.

Actividade para todas e todos os lambóns que queiran gozar dun pouquiño de medo!!!

  • TUNEL DO TERROR 

Actividade que terá lugar no pavillón Polideportivo Municipal

  • Sesión moza de 20:00 a 22:00 - Actividade non recomendada a menores de 10 anos (os menores de 12 anos é recomendable que acudan acompañados dun adulto)
  • Sesión adulta de 22:00 - 00:00 - A partir de 14 anos

Fai anos que o Hospital Psiquiatrico de Sada foi devastado por un incendio. Tratábase dunha institución casi segreda xa que estaban ingresadas algunhas das personas máis perigosas do país. No incendio foron todos pasto do lume: pacientes, persoal asistencial, de limpeza, etc... e a día de hoxe aínda non se descubriu a orixe do lume.... E ti? atréveste a entrar?

Arquivado en