Matrícula Escola Municipal de Música Curso 2021-2022

17 / XUN / 2021

Matrícula Escola Municipal de Música Curso 2021-2022

A Escola Municipal de Música de Sada abre a partir do 3 de xuño a renovación e nova matriculación para o Curso 2021-2022.

Requisitos para a formalización da primeira matrícula:

1. O impreso de primeira matrícula do alumnado de novo ingreso será selado pola entidade financieira.

2. Ingresar a cantidade correspondente en concepto de matrícula anual na conta bancaria do Concello ABANCA: ES40 2080 5161 8531 1000 7604.

3. Presentar preferentemente o impreso por vía telemática no Rexistro electrónico do concello de Sada: “WWW.SADA.GAL” > “SEDE ELECTRÓNICA”, > “SOLICITUDE XERAL”.

No caso de non ser posible realizar a preinscrión en Sede electrónica, poderáse solicitar cita previa na web municipal ou chamando ao tlf: 981620075 para presentar a solicitude de forma presencial no Rexistro municipal (horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.).

  • Xustificantre de pago da matrícula anual
  • Padrón municipal

4. En caso de familias numerosas de categoría xeral ou especial, presentar o título que o acredite.

5. Os importes das matrículas anuais son os seguintes:

  • Matrícula normal - 30 €
  • Familia numerosa categoria xeral - 20 €
  • Familia numerosa categoria especial - 15 €


IMPORTANTE:

  • O prazo de matrículación será do 18 o 25 de Xuño de 2021 (inclusive). Aconsellable facelo antes das 14:00 h do día 25 de xuño.
  • Non serán admitidas solicitudes de matrículas fora de prazo.
  • O alumnado de Música e Movemento II e 1º de Linguaxe Musical terá como especialidade instrumental CORO INFANTIL (actividade gratuíta e obrigatoria)

INFORMACIÓN XERAL:

 

RENOVACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2021-2022

 

Periodo Do 3 de Xuño ao 15 de Xuño (inclusive)

Só para alumnado xa matriculado na Escola Municipal de Música no curso anterior.

Os impresos de renovación da matrícula poderán descargarse dende á páxina web do concello www.sada.gal, solicitalos na Casa da Cultura ou no Rexistro Municipal (de luns a venres en horario de 9 a 14 h).

O xustificante bancario do abono da matrícula deberase presentar xunto coa documentación de renovación da matrícula no rexistro telemático do concello de Sada: www.sada.gal > “Sede electrónica” > “Solicitude Xeral”. No caso de non ser posible realizar a preinscrión en Sede electrónica, poderáse solicitar cita previa na web municipal ou chamando ao tlf: 981620075 para presentar a solicitude de forma presencial no Rexistro municipal (horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.)

DATA LÍMITE: 15 DE XUÑO DE 2021

O alumnado que non formalice a matrícula dentro do prazo establecido, será dado de baixa automáticamente para o curso 2021-2022.

O alumnado que pertenza á Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberá cubrir necesariamente o impreso de matrícula, indicando na casilla correspondente a que formación pertence.

 

PREINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO

Do 3 de Xuño ao 15 de Xuño (inclusive)

Os impresos de preinscrición para novo ingreso poderán descargarse dende á páxina web do concello www.sada.gal, solicitalos na Casa da Cultura ou no Rexistro Municipal (de luns a venres en horario de 9 a 14 h).

Os impresos deberanse presentar no rexistro telemático do concello de Sada: www.sada.gal > “Sede electrónica” > “Solicitude Xeral”. No caso de non ser posible realizar a presentación en Sede electrónica, poderáse solicitar cita previa na web municipal ou chamando ao tlf: 981620075 para presentar a solicitude de forma presencial no Rexistro municipal (horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.)

A preinscripción é obrigatoria para todas aquelas solicitudes de novo ingreso.

Para acceder ao curso Música e Movemento I, o alumnado deberá ter cumpridos os 5 anos de idade antes do 1 de Xaneiro de 2021.

Música e movemento 1: 8 prazas (para nenos e nenas de 5 e 6 anos)

Linguaxe Musical 1: 4 prazas (para nenos e nenas de 7 e 8 anos)

Canto Moderno: 1 praza para adultos e 1 praza para nenos/nenas

Clarinete: 1 praza

Clarinete (eyeharp): 1 praza

Frauta traveseira: 3 prazas

Guitarra: 3 prazas

Percusión: 3 prazas

Piano: 3 prazas

Saxofón: 3 prazas

Trompa: 1 praza

Trompeta: 1 praza

Violín/Viola: 3 prazas

Para acceder a cualquer praza de instrumento, o alumnado deberá ter superado o curso de linguaxe musical 1º nunha Escola de Música o Conservatorio. (obrigatorio presentar documento que o acredite)

Os/as solicitantes que non obteñan praza nas suas especialidades preferentes, poderán adxudicarselles prazas vacantes doutros instrumentos (mediante sorteo) ou poderán permanecer en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO CURSO 2021-2022

Do 18 de Xuño ao 25 de Xuño.

Os impresos de formalización de matrícula para o alumnado de novo ingreso poderán descargarse dende á páxina web do concello www.sada.gal, solicitalos na Casa da Cultura ou no Rexistro Municipal (de luns a venres en horario de 9 a 14 h).

Unha vez, abonado o importe da matrícula na entidade bancaria, presentar o impreso no rexistro telemático do concello de Sada: www.sada.gal > “Sede electrónica” > “Solicitude Xeral”. No caso de non ser posible realizar a presentación en Sede electrónica, poderáse solicitar cita previa na web municipal ou chamando ao tlf: 981620075 para presentar a solicitude de forma presencial no Rexistro municipal (horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.)

A non formalización da matrícula no prazo estabrecido, entenderase coma renuncia da praza, cubríndose ésta por riguroso orde da listaxe de agarda.

Os/as solicitantes que non obteñan praza, permaneceran en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.

Por razóns didácticas, non se admitirá novo alumnado dende o 1 de Xaneiro do 2022

A listaxe provisional do alumnado admitido será exposta no taboleiro da Escola Municipal de Música, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal o día 17 de Xuño.

A listaxe de novo alumnado admitido será exposta no taboleiro da Escola Municipal de Música , no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal o día 28 de Xuño.

 

Arquivado en