MAIS DE 600 DEPORTISTAS INSCRITOS NO TRAIL COSTA DOCE QUE DISCORRE POR PARAXES DA COSTA SADENSE

16/01/2019

MAIS DE 600 DEPORTISTAS INSCRITOS NO TRAIL COSTA DOCE QUE DISCORRE POR PARAXES DA COSTA SADENSE

- O itinerario do Trail Costa Doce transcorre por paraxes espectaculares da costa sadense de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizado”, en definitiva non deixar rastro da nosa actividade.

-A inscrición para o trail largo e por relevos, limitada a 750 corredores, remata o 23 de xaneiro ou ao alcanzarse o número máximo de participantes establecido. 


Sada 16 xaneiro 2019.

O Trail Costa Doce de Sada vai camiño de converterse nunha referencia das carreiras populares de Galicia debido á espectacularidade do seu percorrido pola costa sadense.

Organizado polo Club Atletismo Sada e a concellaría de Deportes do Concello de Sada disputarase o domingo 27 de xaneiro nun circuíto circular que se desenvolve en terreo de monte nas parroquias de Carnoedo e Veigue, excepto os primeiros e últimos 1.000 metros que transcorren por asfalto, fundamentalmente en zonas peonís. En ocasións cruzaranse estradas polo que se disporá de persoal municipal (Policía Municipal e Servizos de Emerxencias Municipal) así como voluntarios para regular o tráfico nos cruzamentos urbanos e nos rurais. No caso das probas de menores, o percorrido será enteiramente por monte.

As inscricións poderanse realizar na páxina web ChampionChip Norte (www.championchipnorte.com) para o que hai dispostas 750 prazas. O último día de inscrición para o trail longo e por substitucións será o 23 de xaneiro, ou ao alcanzarse o número máximo de participantes establecido.

O Concello de Sada pon a disposición dos participantes un servizo de duchas no Pavillón Deportivo Municipal ao termo da proba. A carreira habilitará avituallamentos en lugares visibles e sinalizados. Disporase de colectores no avituallamento para residuos orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar lixo pasado o control de avituallamento, sendo este inicio e fin do mesmo.

Desde a organización indican que está prohibido o avituallamento e a axuda externa durante o desenvolvemento da carreira de calquera persoa, non competidora, estando permitido unicamente o avituallamento que cada participante leve consigo desde a saída ou repoña nas áreas de avituallamento establecidas pola organización.  Así mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamento con calquera tipo de envase ou envoltorio.

ECORESPONSABILIDADE

O itinerario do Trail Costa Doce transcorre por paraxes espectaculares da costa sadense de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizado, “en definitiva non deixar rastro da nosa actividade”.

A propia organización reducirá ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización e utilizará no posible material reutilizable ou reciclable.

Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Sada. Deportes. Veigue.

Temas:
Turismo. Mobilidade. Medio ambente. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA