Galicia achega a maioría dos visitantes de Sada

05/05/2016

Galicia achega a maioría dos visitantes de Sada

- Aumentan as visitas a Sada, respecto do mesmo mes do ano anterior, nun 8,14%.

- Mañá entréganse na Capela de San Roque os premios do II Trasmallo Fotográfico, organizado pola concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.


 

Sada, 5 maio 2016

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente publica as estadísticas do pasado mes de abril relativas as visitas recibidas na Oficina de Información Turística.

Dentro das estatísticas que aporta a Oficina de Turismo do mes de abril obsérvase un aumento nas visitas respecto do mesmo mes do ano anterior, nun 8,14%.

Do total das visitas recibidas un 87% procederon do territorio nacional e o 13% do estranxeiro. Por comunidades, Galicia destaca como o primeiro lugar de procedencia cun 61,7% do volume de visitantes, seguida da comunidade de Madrid cun 17,3%, Andalucía cun 3,7% e Castela León cun 2,5% do total nacional. 

Respecto aos visitantes estranxeiros, Sada, recibiu un 66,7% de visitantes procedentes do continente europeo, dentro do que destaca Francia cun 50% dos mesmos, seguida de Inglaterra e Portugal cun 25% respectivamente do total europeo. O 33,3% de visitantes procedente do continente americano, o son na súa totalidade   procedentes de Arxentina. 

Como medios de transporte os visitantes que se achegan a Sada fano maioritariamente no seu vehículo propio pero tamén son moitos os que chegan en autobús e ultimamente en caravanas. 

Dentro do motivo das visitas a Sada moitos son os que o fan por motivos familiares, seguidos da xente que vén participar en eventos ou por motivos laborais. 

O tramo de idade principal dos demandantes de información na Oficina de Turismo é o que abarca os 45-64 anos (41,9%), seguido dos maiores de 65 anos (35,5%) e o tramo de 25-44 anos cun 20,4% do total.

No caso do aloxamento, a maioría dispón de vivenda propia (59,1%), un 11,8% aloxouse en hoteis de familiares, e outro 4,3% fíxoo en casa de amigos ou familiares ou en caravanas.

 Concurso Fotografa Trasmallo 2016

Mañá entréganse na Capela de San Roque os premios do II Trasmallo Fotográfico, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.

O acto será ao sete da tarde á e ao seu termo terá lugar a primeira das proxeccións do ciclo “Butaca Verde” dentro dos actos programados con motivo do III aniversario da Reserva Biosfera.

Na entrega de premios haberá un recoñecemento especial a un colectivo que participou baixo pseudónimos e que se engloba nun proxecto denominado ?Universo Diverso". Ademais entregaranse premios aos gañadores das distintas categorías do Trasmallo Fotográfico. 

Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Turismo.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA