Excursión a Cangas do Morrazo-Bueu

23 / OUT / 2018

Excursión a Cangas do Morrazo-Bueu

Importante: Todas as persoas apuntadas á Visita Cultural a Cangas-Bueu, que se atopan empadroadas, están admitidas.

Os horarios para coller o autobús serán os seguintes: Carnoedo 8:00 - Veigue(Casa Dios) 8:05 - Mondego 8:10 - Sada (Hotel) 8:30

O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, organiza unha excursión gratuita a Cangas do Morrazo- Bueu o vindeiro sábado 27 de outubro con saída ás 8:30 horas, diante da explanada de autobuses fronte o Hotel Alda Sada Marina, e con regreso ás 21:00 horas.

A excursión é totalmente gratuita, agas comida (reservado restaurante en ruta con menú 18€), e os veciños e veciñas poderan apuntarse nos centros sociais das parroquias ou na oficina muinicipal de información xuvenil (OMIX), situada na Praza da Pescadería.

Desde a concellería teñen dispoñibles 200 prazas. O prazo de inscrició remata o 19 de outubro. En caso de demanda superior ás prazas ofertadas realizarase un sorteo entre todas as solicitudes o día 22 de outubro, publicandose o 23 o listado de persoas admitidas.