ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA

29 / MAI / 2018

ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA

Dende o Instituto de ?Estudos do Territorio da Xunta de Galicia Informan sobre o PROCESO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA para a elaboración da ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA, e en concreto, convidan ás persoas interesadas a asistir o venres 1 de xuño ás 18:00h no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Castelo de Santa Cruz, Illa Santa Cruz, s/n, OLEIROS) ao encontro de participación cidadá para as comarcas de Mariñas-Betanzos.

Sada 29 maio 2018.

Este encontro está aberto á participación de veciñanza, organizacións e entidades do territorio dentro das comarcas de Mariñas-Betanzos:  Abegondo, Aranga, Arteixo, A Coruña, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oza-Cesuras, Oleiros, Paderne e Sada. O encontro estará dividido en dúas partes. Na primeira parte, realizarase unha breve presentación dos obxectivos da Estratexia da Infraestrutura Verde de Galicia; e na segunda parte, levarase a cabo un obradoiro no que as persoas e entidades asistentes compartirán as súas ideas e opinións sobre o modelo territorial que lles gustaría que se fomentase, en asuntos como: usos do solo, biodiversidade e ecosistemas naturais na comarca, infraestruturas terrestres e hidráulicas, mobilidade e oportunidades económicas respetuosas co medioambiente.

Para asistir, debido a cuestións loxísticas e de organización agradecemos que aquelas persoas interesadas comuniquen o seu interese escribindo un correo electrónico a: infraestructuraverde.iet@xunta.gal

Toda a información relativa a este proceso está dispoñible na páxina web http://infraestruturaverdegalicia.gal/, na cal se dará a coñecer o calendario de encontros presenciais previsto; e mediante a cal calquera persoa interesada en participar pode tamén rexistrar a súa inscrición: https://goo.gl/mT6aVe

Do mesmo xeito, informan ademáis que todas aquelas persoas que non poidan asistir aos encontros presenciais poderán facer as súas achegas mediante unha consulta pública dixital que está dispoñible na seguinte ligazón: emapic.es/estratexiaverde? 

Existe tamén un espazo en Facebook no cal se irá dando conta das novidades deste proceso: https://www.facebook.com/InfraestruturaVerdeDeGalicia/

A Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia

O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña está a elaborar a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.

A infraestrutura verde é un concepto que integra a conectividade dos ecosistemas, a protección e provisión de servizos ecosistémicos e a mitigación e adaptación ao cambio climático, asegurando a provisión sostible destes servizos e incrementando a resiliencia dos ecosistemas.

A finalidade da estratexia é a creación dunha rede de espazos naturais e seminaturais planificados estratexicamente para ofrecer unha ampla gama de servizos ecosistémicos. Trátase en definitiva de levar a cabo unha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental para asegurar a provisión de servizos de regulación (biodiversidade, adaptación e mitigación do cambio climático, fertilidade do solo, regulación hídrica, calidade do aire, control de inundacións e erosión, etc.), servizos de abastecemento (produción e seguridade alimentaria, abastecemento de auga e enerxía, etc.) e servizos culturais (ocio, benestar, saúde, paisaxe, etc.).

Estas redes estratexicamente planificadas de espazos verdes poden proporcionar múltiples beneficios a través do soporte dunha economía verde, a mellora da calidade de vida, a protección da biodiversidade e o incremento da capacidade dos ecosistemas para proporcionar servizos como a redución do risco de desastres naturais, a purificación da auga, a calidade do aire, os espazos de ocio e a adaptación e mitigación do cambio climático.?

Arquivado en