ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2019-2020

05/09/2019

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2019-2020

A concellería de Educación e Deportes do Concello de Sada abre a inscrición das escolas deportivas municipais 2019-2020. Este ano a Concellería de Deportes e os clubes de Sada ofertan 14 disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo, triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto e vela lixeira. 

Folleto informativo Escolas Deportivas Municipais


Sada, 5 setembro 2019

A concellería de Deportes organiza en colaboración cos clubes deportivos de Sada as escolas deportivas municipais para o curso 2019-2020 que terán comezo o 1 de outubro e rematarán en maio ou xuño de 2020, dependendo da espacilidade. 

Este ano a concellería de deportes oferta 14 disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo e triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto e vela lixeira. 

A información de cada especialidade deportiva pode obterse nas propias entidades que imparten as escolas ou no teléfono 981 20 00 75 (ext. 262). 

Débese cumprimentar a folla de inscrición (que entregará cada clube), debendo ser entregada nos propios clubes ou na oficina da concellería de Deportes sita no edificio de servizos administrativos do Concello de Sada. Unha vez cumprimentada a ficha, e adxuntada a documentación requerida, os clubes darán confirmación da praza e data de comezo da actividade. 


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Educación e Deporte. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

AXENDA