ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

20/09/2018

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2018-2019

A concellería de Deportes organiza en colaboración cós clubes deportivos de Sada as Escolas deportivas Municipais para o curso 2018-2019 que terán comezo o 1 de outubro e rematarán en xuño de 2019.

Díptico informativo





Este ano a concellería de deportes oferta quince disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo e triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto, golf e vela lixeira.

A información de cada especialidade deportiva pode obterse nas propias entidades que imparten as escolas (contacto no Díptico informativo) ou no teléfono 981 62 00 75 (ext. 262).

Débese cumprimentar a folla de inscrición (que entregará cada clube), debendo ser entregada nos propios clubes ou no Concello de Sada (concellería de Deportes).

Unha vez cumprimentada a ficha, e adxuntada a documentación requerida, os clubes darán confirmación da praza e data de comezo da actividade.

O pago levarase a cabo ca entidade deportiva colaboradora.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Avisos. Sada. Deportes.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA