Emprego organiza as xornadas "Ferramentas de mobilidade na Unión Europea"

29/04/2016

Emprego organiza as xornadas "Ferramentas de mobilidade na Unión Europea"

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, dependente da concellería de Urbanismo e Emprego, vai realizar unha sesión informativa baixo o título “Ferramentas de mobilidade na Unión Europea”, o vindeiro venres 13 de maio de 9:30 h. a 11:00 h., na Casa da Cultura Pintor Lloréns con motivo da celebración o vindeiro 9 de maio do día de Europa e de que este ano é o 30 aniversario da adhesión de España á Unión Europea (1986-2016)

O obxectivo é dar a coñecer as ferramentas de busca de emprego, recursos para ás persoas emprendedoras, desempregadas e estudantes e redes de información europea da Comisión Europea, para o cal, van colaborar:

Nas xornadas colaboran Europe Direct A Coruña, coa presenza de Mª Cristina Couto Palla, Técnica de Asuntos Europeos, e a Rede EURES, con Covadonga López López, Conselleira da Rede Eures A Coruña

Ligazón para realizar a inscrición

Cartaz das Xornadas

 

Arquivado en:
Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Urbanismo e emprego.

Temas:
Emprego. Urbanismo.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA