Derradeiras prazas para o curso Confección e Mantemento de artes e Aparellos

13 / DEC / 2019

Derradeiras prazas para o curso Confección e Mantemento de artes e Aparellos

Esta acción formativa que se está a programar dende o Concello de Sada financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar, comeza o luns 16 de decembro e remata o 21 de febrero de 2020, de luns a venres de 14:30 a 22:30 h. cunha duración de 330 h. que permitirá ao alumnado adquirir as competencias necesarias para poder desenvolver un oficio ligado ao mar e á artesanía.

Inscrición en liña

Sada 13 decembro 2019.

Dirixido a persoas desempregadas e ocupadas, se está interesada/o, para acceder a este curso, debe cumprir algún dos requisitos requiridos para a formación conducente aos Certificados de Profesionalidade de nivel 2:

1. Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.

2. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder

3. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional

4. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.

5. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.

6. Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

Para máis información da acción formativa ou do proceso de inscrición e participación na mesma, pode dirixirse á AEDL, enviar un correo electrónico ao enderezo aedl@sada.gal; ou chamar aos teléfonos n.º 881 929 057; 687 676 854 / 620 765 150

Arquivado en