Décimo aniversario SGHN

26 / NOV / 2015

Décimo aniversario SGHN

A SGHN programa a charla "Txingudi: unha zona húmida singular protexida” dentro do programa do decimo aniversario da sociedade. O acto terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns as 20:00 horas do venres 27 de novembro onde tamén proxectarase o vídeo documental sobre As Brañas de Sada elaborado pola Delegación de As Mariñas da SGHN no 2007 e distribuiranse novas copias entre os asistentes.

Sada 24 novembro.

O concello de Sada colabora no décimo aniversario Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural que ven de programar unha serie de actividades para celebrar o décimo aniversario da sociedade.

Unha das citas é a exposición “Un futuro para As Brañas de Sada” composta de paneis sobre a zona húmida de As Brañas que pode contemplarse na Casa da Cultura Pintor Lloréns en Sada ata o 30 de novembro.

Dentro das actividades o próximo venres 27 celebrarase a conferencias "Txingudi: unha zona húmida singular protexida" impartida por Alberto Luengo técnico xestor deste humidal de Guipúzcoa. O acto terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns as 20:00 horas onde tamén proxectarase o vídeo documental sobre As Brañas de Sada elaborado pola Delegación de As Mariñas da SGHN no 2007 e distribuiranse novas copias entre os asistentes.

A conferencia e a proxección darán lugar a unha mesa redonda co título "Accións eficaces de conservación e protección das zonas húmidas" coa intervención de Alberto Luengo, técnico do humidal de Txingudi; Liss Becerra, concelleiro Promoción económica, Turismo e Medio Ambiente de Sada; unha representación da Delegación de As Mariñas da SGHN e Pablo Ramil, botánico do IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria-USC). Esta mesa pretende, a partir da discusión xeral sobre protección de zonas húmidas, establecer conclusións aplicables As Brañas de Sada nos vindeiros anos.