Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

22/10/2018

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

Dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos curso ten coma obxetivo mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes empadroadas nos municipios da provincia de A Coruña, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Inscricións no Concello de Sada, na Axencia de Emprego e Desenvolvmento Local (AEDL), teléfonos 881 92 90 57 / 981.620.493

Máis información


O Concello de Sada, a través da AEDL da concellería de Urbanismo e Emprego, abre a inscrición dunha acción formativa acreditada para a que se expedirá o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 3 logo de cumprir os prequisitos previstos no itinerario.

Obxectivos

Mellorar a formación e a empregabilidade de persoas maiores de 16 anos e menores de 30 anos empadroadas nos municipios obxecto de actuación, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Mellorar o nivel de competitividade laboral dos/as mozos e mozas das zonas rurais a través da formación para a inserción laboral.

Adecuar o perfil da mocidade desempregada ás necesidades actuais do mercado laboral provincial.

Dar resposta ás necesidades locais xeradoras de emprego detectadas a través da participación da rede de técnicos de emprego e desenvolvemento local e orientación laboral dos concellos que conforman o ámbito de actuación do proxecto.

Cómo se desenvolverá o proxecto:

Dende este proxecto, e co deseño das súas actuacións pretendese facilitar o conxunto de competencias persoais e profesionais con significación para que a mocidade desempregada ocupe postos de traballo cualificados na súa contorna de vida.

A acción formativa que se realizará de forma presencial, e desenvolverá todos os módulos formativos incluídos no certificado de profesionalidade de referencia, xunto a formación transversal e complementaria formulada como obrigatoria, diríxese a un total de 15 participantes por cada edición, e cada unha delas desenvolverase nunha zona concreta do territorio provincial de A Coruña.

Formación Complementaria:

  • Sensibilización en igualdad de oportunidades
  • Formación en idiomas: Ingles A1/A2
  • Fomentos das novas tecnoloxías da información e comunicación
  • Alfabetización Informática: Informática e Internet
  • As redes sociais, ferramenta para a busca de emprego
  • Orientación: Entreno e desenvolvementode competencias multifuncionais para o emprego

Inscricións:

As persoas interesadas poden isncribirse no Concello de Sada – Axencia de Emprego e Desenvolvmento Local (AEDL), teléfonos 881 92 90 57 / 981.620.493

Prazo de inscrición ata o 13 de novembro


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Urbanismo e emprego. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Subvencións e axudas. Emprego. Formación. Educación. Urbanismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA