Curso de Almacenista e Carretilla Elevadora

23 / NOV / 2017

Curso de Almacenista e Carretilla Elevadora

O Concello de Sada dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME) organiza unha nova acción formativa: Curso de almacenista e carretilla elevadora 

O Obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado desenvolva e execute de forma correcta as tarefas propias da ocupación de mozo de almacén, concretamente: preparar pedidos e expedición, condución de equipos e maquinaria de almacén, dominar a documentación específica (albarás, follas de stocks, referencias) e carga e descarga de mercancías.

Programa curso almacenista, 50 h.:

·         O almacén

·         Preparación de pedidos

·         Xestión da documentación

·         Xestión loxística

Curso de carretilla elevador, 24 h. para que adquira os coñecementos necesarios para unha utilización segura e responsable das carretillas de manutención nos diferentes entornos  de traballo

O alumnado deberá posuír unha correcta capacidade de comprensión de instrucións tanto verbais como escritas

Datas e horario: de luns a venres do 1 ao 22 de decembro 22 de 2017 de 9:00 a 14:00 horas

Lugar: Casa da Cultura Pintor Lloréns

Duración: 74 h.

Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello

Para inscribirte ao curso, só tes que cubrir o seguinte formulario

Prazo ata o mércores 29 de novembro ás 14:00 h.

Ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150 

Arquivado en