CONCURSO FOTOGRÁFICO "MERGÚLLATE CO 8M"

11 / MAR / 2021

CONCURSO FOTOGRÁFICO "MERGÚLLATE CO 8M"

En conmemoración co 8M: día internacional da muller, a Concellería de Benestar e Igualdade inclúe na súa programación de actividades e actos “Mergúllate co 8M”, un concurso de fotografía orientado a toda a poboación.

VOTA AQUÍ POLA TÚA FOTOGRAFÍA FAVORITA

Sada, 2 marzo 2021.

MERGÚLLATE CO 8 M é un concurso de fotografía onde as/os participantes terán que reivindicar, dar luz, a unha acción de igualdade ou desigualdade que teña ou vexa o seu arredor.

Desde o mércores 3 e ata o martes 9 de mazo poderán enviarse as fotografías para participar no concurso ao correo electrónico oitodemarzo@gmail.com.As fotografías presentadas a concurso deberán identificar o título da mesma, seguido do nome, apelidos, idade, teléfono e correo electrónico do autor/a.

Na páxina web do Concello de Sada e nas redes sociais se habilitará un espazo os días 11 e 12 de marzo no que se colgarán as fotografías enviadas polos/as concursantes e onde se poderá votar polas favoritas.  

O Concello de Sada publicará o 13 de marzo nese mesmo espazo o nome do/a gañador/a que recibirá un lote de libros e diverso material realizado con motivo do 8M.

Co obxectivo de difundir esta campaña en vindeiras convocatorias e tamén garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno) as fotografías enviadas polos participantes no concurso “Mergúllate co 8M” poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como redes sociais e páxina web do Concello de Sada. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

O Concello de Sada adquire os dereitos de reproducción, explotación e exposición das obras que se presenten ao concurso.

Arquivado en