Concerto do grupo Amizades en Sada

18 / DEC / 2015

Concerto do grupo Amizades en Sada

O próximo 27 de decembro celebrarase en Sada un concerto gratuíto do grupo Amizades dentro da programación do Día Solidario. O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns en dous pases. O primeiro as 18:30h. e o segundo pase as 20:00h.
 
As invitacións para ambos os pases están dispoñibles na Casa da Cultura (11:00-14:00h. e de 16:00-20:00h.) até completar o aforo. Poderanse retirar un máximo de 4 invitacións por persoa.
 
O obxectivo do Día Solidario é recadar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene polo que o día do concerto haberá un espazo dispoñible para que os asistentes poidan depositalos.