CERVEFEIRA ARTESÁ DE SADA 2018

17/09/2018

CERVEFEIRA ARTESÁ DE SADA 2018

Os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro volve a Cervefeira Artesá de Sada organizada pola Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente

O concello de Sada programa actividades para toda a familia nunha feira onde ademais de contar con máis de 30 tipos diferentes de Cervexas artesás galegas, por primeira vez en España contarase cunha cata e análise sensorial aplicada a cervexa en tempo real a cargo da empresa TasteLab. Asemade, encontrarás gastronomía, música, xogos tradicionais para todas as idades, a cargo de Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, e tamén unha Exhibición e talleres de Rugby a sete a cargo do CD Zalaeta Rugby.


Programa Cervefeira Artesá de Sada 2018:

Venres 5

19:00 h. Apertura

20:00 h. A Meda do Castro en directo.

21:00 h. Sesión DJ TouliñaPop

22:00 h. Edu Calvario & Los Mártires del Camposanto en directo

23:00 h. Sesión DJ TouliñaPop

1:00 h. Peche

 

Sábado 6

12:00h. Apertura

12:15 h. Cata Sensorial e análise de Cervexas Artesás a cargo de TasteLab. Demostración da técnica de neuromarketing Diadema Sensorial

14:00 h. Dr Snob en directo

15:00 h. Peche

17:00 h. Apertura

17:30 h. Exhibición de Rugby a 7 do CD Zalaeta Rugby Circuito e workshops para pequenos e maiores ata ás 20:00 h.

18:30 a 20:00 h. Xogos tradicionais para todas as idades a cargo de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL Zancos, Torres de madeira, Rá, Pescapeixe...

20:00 h. Nova Troula en directo

22:00 h. DJ Susete Deluxe

23:00 h. Ghandi y LA BANDA DEL CAMIÓN oficial en directo

24:00 h. Sesión DJ: Susete Deluxe 

1:30 h. Peche

 

Domingo 7

12:00 h. Apertura e Xogos Tradicionais con Dinamo Xestión

14:00 h. Carlos Bau & Hugo Torreiro en directo

15:30h. Peche

17:00 h. Apertura e Xogos Tradicionais con dinamo Xestión

18:00 h. Sesión DJ


Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada.

Temas:
Economía. Turismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA