Certame de poesía“(Re)inventando Xela Arias”

10/05/2021

Certame de poesía“(Re)inventando Xela Arias”

“(Re)inventando Xela Arias” é un certame de poesía en galego que ten como obxectivo fomentar a creación literaria na modalidade de poesía, así como dar a
coñecer a figura de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

Este concurso literario está aberto a toda a comunidade, sen límite de idade.

As persoas que quixeran participar poderán crear unha poesía inspirada na obra literaria desta autora.

Bases do certame 

Decreto Bases participación

Folla de inscrición


Co gallo do Día das Letras Galegas 2021, o Concello de Sada convoca o certame de poesía en galego “(Re)inventando Xela Arias”, un concurso que ten como obxectivo fomentar a creación literaria na modalidade de poesía. Este concurso literario está aberto a toda a comunidade, sen límite de idade. Non o penses máis e anímate a participar!

INSCRICIÓNS

  • Dende o 14/05/2021 até o 31/05/2021

REQUISITOS

  • Só se admitiran textos escritos en galego.
  • As poesías terán unha extensión máxima de 50 versos e presentaranse en formato PDF con espazo duplo e cunha fonte de 12 puntos de tamaño.
  • Todos os traballos deberán ter un título.
  • As poesías deberán comezar cun fragmento procedente dunha obra de Xela Arias. Os fragmentos están dispoñíbeis nas bases do certame.
  • Os textos serán anónimos e terán de ir acompañados dunha folla de inscrición cos correspondentes datos persoais e de contacto (ver ligazón abaixo).

 PARTICIPANTES

  • Pode participar calquera persoa, independentemente da súa idade.

Estabeleceranse 3 categorías:

  • 1ª Categoría (até os 13 anos)
  • 2ª Categoría (dos 14 aos 17 anos)
  • 3ª Categoría (18 anos ou máis)

PREMIOS

  •  Concederase un premio único en cada unha das tres categorías, que consistirá nun eBook e un lote de libros.

ENVÍOS

  •  O texto e a folla de inscrición presentaranse en formato dixital e enviaranse por correo electrónico ao enderezo sada.cul@sada.gal, indicando no asunto Certame de Poesía “(Re)inventando Xela Arias”.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Medio Ambiente e Normalización Lingüística.

Temas:
Formación. Educación. Cultura. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA