Benestar mellora a escola infantil Flora Ramos con máis seguridade e con dispositivos para implantación novas tecnoloxias

30 / NOV / 2016

Benestar mellora a escola infantil Flora Ramos con máis seguridade e con dispositivos para implantación novas tecnoloxias

-As obras realizadas durante todo este ano na Escola Infantil Flora Ramos levaronse a cabo con cargo a unha partida de 15,000€, que a concelleira nacionalista de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, habilitou no orzamento do 2016 para realizar diversas reformas e melloras nos edificios das competencias da propia concellaría.

- A semana pasada comezou a executarse outra fase da actuación a cargo dunha subvención da Xunta de Galicia por valor de 25.000€ que estará rematada na primeira semana de decembro.

Cartel "Axudas para a mellora da rede pública de escolas infantís"

Resolución concesión de axuda escola infantil Flora Ramos  

 

Sada 30 novembro 2016.

A concellería de Benestar e Igualdade, xestionada pola nacionalista Isabel Reimundez, relizou un simulacro de evacuación no primeiro trimestre deste ano na Escola Infantil Flora Ramos onde se detectaron necesidades de melloras de adaptación de accesibilidade.

Unha das primeiras actuacións que se realizou, pola brigada de Obras e Servizos, foi unha rampla de acceso no lateral do edificio da escola infantil para mellorar a saída, en caso de emerxencia, dos berces que se atopan nesa á do centro.

Con esta actuación de hormigonado, duns 200 m2 aproximadamente, eliminouse o chanzo existente e creouse unha pendente de acceso xunto á aula dos máis pequenos.

Unha vez finalizada esta obra a concellaría de Benestar acondicionou a parte exterior traseira da escola infantil Flora Ramos para crear un patio de xogos novo, con firme de caucho.

As obras realizadas durante todo este ano na Escola Infantil Flora Ramos levaronse a cabo con cargo a unha partida de 15,000€, que a concelleira nacionalista de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, habilitou no orzamento do 2016 para realizar diversas reformas e melloras nos edificios das competencias da propia concellaría.

Ademáis a pasada semana comezou a executarse outra fase da actuación a cargo dunha subvención da Xunta de Galicia por valor de 25.000€ que estará rematada na primeira semana de decembro.

Dentro de esta actuación se realizará a supresión dos escalóns de saída á zona axardinada mediante rampa que ademáis de facilitar o transito de entrada e saída a pendiente de dicha rampa evacuará a posible auga de chuvia alonxando a humidade do peche.

Outras das obras é a colocación dunha barandilla de madeira na zona de saída das aulas e o cambio de distintos materiais do centro escolar que co paso do tempo estaban afectados e poden causar perigo aos usuarios así como a instalación de novos xogos no patio habilitado recentemente.

Non só se están a realizar melloras no exterior do centro xa que a nivel educatico a concellería de Benestar solicitou a Xunta a través de dita subvención a adquisición de dispositivos para implantación novas texnoloxias así como pantallas dixitais e proxectores.

Isabel Reimundez sinala que a realización destas obras era necesaria para a seguridade dos usuarios e para mellorar a calidade do centro. “Estivemos mellorando o centro durante varias fases deste ano para facilitar tanto o acceso como a evacuación segundo a normativa vixente.” 

Arquivado en