Bastón para o concelleiro de Promoción Económica en el Día do Pobo Xitano

09 / ABR / 2016

Bastón para o concelleiro de Promoción Económica en el Día do Pobo Xitano

Con motivo da celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, Jeremías Barrul, representante dun colectivo que aglutina a duascentas familias da Coruña entregou onte en man un bastón ao concelleiro de Turismo de Sada, Liss Becerra, polo seu labor na xestión do feirón.

O concelleiro mostrouse moi agradecido polo presente e enxalzou o importante papel das familias de etnia xitana na feira, que posúen a terceira parte dos postos. "Hai familias que levan desde o principio", enxalzou.

Liss Becerra aproveitou a ocasión para incidir na importancia destes mercados, que permitiu "dar vida" a Sada nos duros anos de crises. O representante deste colectivo anunciou que organiza xa máis mercados na comarca. 

Arquivado en