AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR CURSO 2019-2020

15/10/2019

AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR CURSO 2019-2020

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2019-2020, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.

IMPORTANTE: O  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 6 NOVEMBRO.

15/10/2019 - Extracto do Decreto de alcaldía 1842/2019, dO 1 de outubro de 2019, polo que se convocan as axudas a desplazamentos co fin escolar 2019/20

07/10/2019 - PUBLICACIÓN NO BOP DA CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2019-2020

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS AOS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR, CURSO 2019-2020

ANEXO I - MODELO DE SOLICITUDE DE PRAZA

ANEXO II - DECLARACIÓN DE AXUDAS


Criterios.

Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, que será aboada en dous prazos: un 70% na anualidade 2019 e un 30% na anualidade 2020. Establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do/a beneficiario/a e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado (sempre e cando o centro careza de transporte escolar), segundo o baremo que figura a continuación (a distancia mínima para percibir a axuda é de 1 km.):

- De 1 a 3 km.: 40 euros (por ex. Sada)

- De 4 a 15 km.: 60 euros (por ex. Bergondo, Betanzos..)

- De 16 a 40 km.: 80 euros (por ex. A Coruña..)

- De 41 a 80 km.: 120 euros (por ex. Santiago, Lugo..)

- Máis de 80 km.: 150 euros (por ex. Pontevedra, etc.)

No caso de que, á vista do número de solicitantes beneficiarios e unha vez concedidas ás axudas polos importes establecidos no parágrafo anterior, se supera a contía total fixada na Disposición Final; as citadas contías reduciranse nun 10% do seu importe, sucesivamente e ata que se de cobertura á totalidade das solicitudes presentadas. As persoas que estean cursando estudios en máis dun centro só poderán solicitar a axuda económica para un deles

Beneficiario/as:

Poderán acollerse o alumnado empadroado no Concello de Sada que curse calquera dos seguintes estudios dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega:

- Educación Secundaria Adultos (ESA)

- Bacharelato

- FP/Ciclos formativos

- Estudios universitarios

- Calquera estudio oficial homologado estatalmente.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar empadroado no Concello de Sada

b) Estar empadroado a máis de 1 km. de distancia do centro de estudios

c) Estar matriculado nun centro de ensino público

d) En función da natureza da subvención aplícase a excepción prevista no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos requisitos para obter a condición de beneficiario

Non poderán acollerse as persoas que se atopen nos seguintes supostos:

- Ter solicitada para o presente curso lectivo calquera outra axuda económica relacionada co desprazamento ao centro de ensino, ou ben estar matriculadas en cursos onde estean total ou parcialmente subvencionados os gastos de desprazamento. 

- Cursar estudios de educación primaria ou secundaria (ESO), ou Infantil (3-5 anos)

- Estar matriculados en centros privados ou públicos concertados

- Cursar estudios con duración inferior a 6 meses

A efectos de dar traslado á axencia tributaria das axudas concedidas tomarase como beneficiario ó interesado/a ou o/a representante legal, no caso de minoría de idade, co seu correspondente número de identificación.

Publicación das bases e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes, dirixidas ao sr. Alcalde e asinadas polo solicitante, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas. As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web do Concello podendo presentarse as instancias a partir dese momento.

Documentación a presentar:

a) Solicitude en modelo normalizado, conforme ao Anexo I.

b) Certificado de conta bancaria, expedido pola entidade bancaria co nome do interesado/a ou titor/a legal.

c) Volante de empadroamento do/da solicitante.

d) Certificado de estar matriculado/a no actual curso académico 2019-2020 ou resgardo da matrícula, de cara ao 1º prazo para a obtención do 70% da axuda.

e) Boletín de notas finais, coa data de finalización do curso (a presentar na anualidade 2020 de cara ao segundo prazo para a obtención do 30% restante da axuda).

f) Declaración xurada de que non foron percibidas outras axudas polo mesmo concepto doutros Organismos e/ou Administracións Públicas e, no caso de percibilas, contía das mesmas (ANEXO II).

Procedemento.

Baremaranse as solicitudes e elaborarase o informe-proposta para a súa concesión ou denegación en función do cumprimento dos requisitos esixidos pola Concellería delegada de Educación. Unha vez fiscalizada pola Intervención municipal, a Alcaldía concederá as subvencións mediante acordo no que se especifique a relación de solicitantes aos que se conceden as subvencións e a desestimación das restantes solicitudes.

O outorgamento das subvencións notificarase aos interesados segundo o establecido nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992. A resolución da concesión farase pública, como mínimo, mediante exposición pública no taboleiro de anuncios municipal durante o prazo de un mes. Para o cobro do 30% restante (anualidade 2020) deberán presentar antes do 31/08/2020 o correspondente boletín de notas. A non presentación desta xustificación no prazo establecido para elo suporá á renuncia a esta segunda fase da axuda.

Disposición final.

As axudas serán concedidas sempre co límite orzamentario da partida 326.48011 do vixente orzamento municipal, ampliables no caso de economía doutras subvencións destinadas á educación.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Educación e Deporte. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Economía. Subvencións e axudas. Formación. Educación. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA