AEDL organiza un curso de aplicación de productos fitosanitarios

18 / MAI / 2016

AEDL organiza un curso de aplicación de productos fitosanitarios

-  A participación é gratuíta inscribíndose previamente as persoas interesadas ata o vindeiro día 26 de maio no rexistro de entrada do Concello de Sada.

- Folla inscrición no curso

Sada, 18 maio 2016.

O concello de Sada, a través da AEDL da concellería de Urbanismo e Emprego,  organiza un  curso de aplicador de produtos fitosanitarios, nivel básico, que impartirá Francisco Otero Otero, Enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.   

O curso terá lugar desde o 6 ata o 13 de xuño en horario de 16:30 a 20:30 horas e impartirase no salón de Plenos do Concello de Sada na avenida do Porto.

A participación é gratuíta inscribíndose previamente as persoas interesadas ata o vindeiro día 26 de maio no rexistro de entrada do Concello de Sada.

Desde a AEDL recordan que os agricultores/as, persoal auxiliar de empresas e explotacións agrarias adicadas á aplicación de produtos fitosanitarios e o persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitarios, deben estar en posesión dun carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios, que acredite coñecementos apropiados para exercer a súa actividade.

Arquivado en