Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016

06/09/2015

Actividades extraescolares municipais e actividades formativas adultos. Sada Educa - curso 2015-2016

Sada Educa é un programa promovido pola Concellaría Educación, Xuventude e Saúde, do Concello de Sada, que conxuga actividades extraescolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo, a maior parte delas nos centros educativos do municipio e no local de actividades da Oficina da Xuventude. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte no caso das extraescolares, na creación dunha oferta socieducativa que permita a conciliación da vida familiar e laboral. Os obxectivos que se derivan do paquete de actividades para adultos, parten dunha demanda formativa para fomentar o plurilingüismo e o aprendizaxe de novos idiomas.

Destinatarios:

As actividades extraescolares están dirixidas ó alumnado dos ciclos de Educación Infantil e Primaria dos centros de ensino municipais, no que cada un deles ofertan para os seus propios alumnos, dous paquetes de actividades que se complementan entre si: o que parte da nosa Concellaría e o que oferta a ANPA do centro.

No caso das actividades formativas adultos, os destinatarios son tanto alumnado da ESO e Bacharelato, como adultos interesados en xeral. 


Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Formación. Educación. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA