A xunta de seguridade local acorda implementar os mecanismos de colaboración policial en sada

21/12/2015

A xunta de seguridade local acorda implementar os mecanismos de colaboración policial en sada

Foi copresidida polo alcalde de Sada, Benito Portela e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.
 
O subdelegado do Goberno lembrou que a prevención e esclarecemento dos roubos con forza son unha prioridade para a Comandancia da Garda Civil da Coruña



 
21 de decembro de 2015.
 
O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e o alcalde de Sada, Benito Portela, copresidieron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, que celebrou unha sesión ordinaria nesta localidade. Xunto a eles, asistiron a responsable de Relacións coas Administracións Territoriais da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, acompañado polo comandante do Posto de Sada, José Antonio Remo; o inspector xefe adxunto da Policía Autonómica, Antonio Riádigos; o oficial da Policía Local de Sada, José María Borrazás; e o xefe do Servizo de Emerxencias Municipal, Alejandro Morais.
 
Na reunión deste órgano colexiado analizouse a evolución da seguridade cidadá no Concello de Sada, que, a pesar de rexistrar un repunte nos roubos con forza en vivendas nas últimas semanas, mantense en índices inferiores á media provincial. Respecto dos roubos en domicilios, a Xunta Local acordou a implementación de mecanismos de coordinación e colaboración entre Garda Civil e Policía Local do municipio. O subdelegado do Goberno lembrou que a prevención e esclarecemento dos roubos en vivendas é unha prioridade da Comandancia da Coruña, ao que está a dedicar os seus máximos esforzos en investigación.
Xunto á necesaria colaboración entre Forzas de Seguridade no ámbito do Concello, a Xunta Local apelou á colaboración cidadá tanto na transmisión de información sobre vehículos e/ou persoas sospeitosas como nunha maior atención ás medidas de seguridade persoais nos domicilios.
 
O subdelegado do Goberno informou que nas próximas semanas incorporaranse dous efectivos máis ao cuartel da Garda Civil de Sada, de forma que se ocuparán todas as vacantes dispoñibles no persoal (outras dous existentes xa están ocupadas por alumnos da Garda Civil). A atención da Garda Civil tamén será mellorada a través do reforzo de efectivos na unidade de seguridade cidadá na Comandancia da Coruña que recibirá a dez axentes novos dentro do mesmo concurso de traslados.
 
OUTROS ACORDOS
 
A Xunta Local de Seguridade acordou recuperar a convocatoria cada seis meses como apunta a normativa de tal forma que a próxima reunión celebrarase no mes de xuño do ano 2016. Nesa reunión abordarase, entre outros temas, a mellora da seguridade viaria na contorna das praias co obxectivo de aplicala na campaña de verán.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas.