A Xunta de Galicia somete ao trámite de información pública o proxecto de construcción do treito N-VI/AP-9 da Vía Ártabra

08 / FEB / 2017

A Xunta de Galicia somete ao trámite de información pública o proxecto de construcción do treito N-VI/AP-9 da Vía Ártabra

-A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e nas Casas dos Concello de Cambre, do Concello de Oleiros e do Concello de Sada. 

- Enlace ao documento completo do proxecto de construcción

- Enlace ao ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Vía Ártabra, treito: N-VI – AP-9, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado

Sada, 8 de febreiro 2017

O trazado da Vía Ártabra entre o porto de Lorbé e a autoestrada AP-9 foi deseñado a través de dous proxectos de trazado sometidos a información pública. O primeiro treito definiuse polo denominado «Proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental: Vía Ártabra, treito: Lorbé-AC-221 (polígono de Cambre). O segundo treito, o que daba continuidade, foi deseñado polo «Proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental: Vía Ártabra, treito: AC-221 (polígono de Cambre)-autoestrada AP-9-autovía A-6. Co obxecto de desenvolver os trazados aprobados, en setembro do ano 2013 púxose en servizo o treito da Vía Ártabra desde a estrada AC-163 ata a N-VI. Así mesmo, está en obras o treito que dá acceso ao porto de Lorbé, e é inminente a súa posta en servizo.

Os estudos de tráfico aconsellan continuar esta vía ata conectar coa autoestrada AP-9, para dar funcionalidade a todo o construído; e é necesario desenvolver o proxecto de trazado aprobado e definir un proxecto construtivo que desenvolva completamente a solución aprobada, xunto co cumprimento da declaración de impacto ambiental e permintindo a construción e explotación desta nova vía.

Non obstante, durante a redacción do proxecto de construción púxose de manifesto a necesidade de optimizar os enlaces previstos no proxecto de trazado aprobado, e lograr así unha conexión directa coa autoestrada AP-9. Esta modificación, aínda que non introduce cambios significativos no trazado aprobado e ten unha ocupación moi similar, si varía a conectividade co sistema viario, polo que é necesario someter o proxecto construtivo redactado a un novo proceso de información pública, para os efectos de permitir alegar tanto a particulares como as administracións públicas implicadas.

Mediante resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 12 de xaneiro de 2017 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción: Vía Ártabra, treito: N-VI-AP-9, o proxecto ten por obxecto a execución dun treito da autovía AG-13 (Vía Ártabra), en concreto, o que une a estrada N-VI coa autoestrada AP-9, dando continuidade ao treito actualmente en servizo que une O Castelo, extremo sur da VG-13 coa estrada N-VI.

As obras previstas no proxecto están compostas polo enlace de conexión da Vía Ártabra coa N-VI, parcialmente executado; o tronco da Vía Ártabra entre a N-VI e a AP-9; a conexión coa AC-221, que inclúe o ramal de conexión co polígono do Espírito Santo e o enlace coa AP-9.

De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir de mañá, seguinte día ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado. Segundo.

Simultaneamente se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e nas Casas dos Concello de Cambre, do Concello de Oleiros e do Concello de Sada. 

Arquivado en