A Nave Espacial un novo espazo multiusos no Paseo Marítimo de Sada

17 / ENE / 2021

A Nave Espacial un novo espazo multiusos no Paseo Marítimo de Sada

Todo xira arredor de Isaac Diaz Pardo no novo espazo. O artista local Javier Bermudez transformou o exterior do edificio cunha homenaxe ao intelectual galego no 100 aniversario do seu nacemento e o Concello de Sada opta por denominar a construcción “A Nave Espacial”, tanto pola súa forma como polo título e tipografía  dun folleto editado no 1964 que conten os debuxos de Isaac.

Sada, 16 xaneiro 2021.

O Concello de Sada reformou íntegramente nos últimos meses os vestiarios que se atopan ao carón das pistas polideportivas do Paseo Marítimo para transformalos nun espazo multiusos que xira en torno a vida e obra de Isaac Díaz Pardo.

Desde o consistorio realizouse unha actuación para sanear o espazo, con obras de albanelaría, fontanaría e electricidade en teitos e  chans para habilitar dúas salas multiusos “Sala Mimina” e “Sala O Vello”, ademais dun aseo e almacéns. Tamén se reformou o baño exterior que seguirá cumprindo as súas funcións de baño público.

Javier Bermúdez, artista e veciño do barrio sadense de Fontán, encargouse da a transformación exterior deste edificio público de usos múltiples para render homenaxe a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento.

JA, que é como asina as obras Bermúdez, é ilustrador, formouse na Escola Pablo Picasso da Coruña e reinterpretou nas distintas fachadas do inmoble motivos das Cerámicas de O Castro e obras coñecidas de Isaac Díaz Pardo como a Sardiña (imaxe do Concello de Sada) ou “A rapaza que leva na cabeza un mundo de cousas que pode precisar na vida”.

O Concello de Sada optou tamén por vincular a Isaac Díaz Pardo co inmoble ao denominar a construcción  “A Nave Espacial”, tanto pola súa forma como polo título e tipografía dun folleto editado no 1964 que conten os debuxos de Isaac, un eles "A Nave Espacial".

Desde o Concello de Sada se está a valorar o uso provisional do espazo e a súa utilización por parte da cidadanía así como polas distintas áreas municipais. 

Arquivado en