A concellería de Cultura regala entradas para o Carrusel Modernista

26 / XUL / 2016

A concellería de Cultura regala entradas para o Carrusel Modernista

A concellaría de Cultura regala entradas a todos os nenos e nenas de Sada para o carrusel de época (Tiovivo) que está instalado á beira do edificio da Terraza. Entregaranse dúas entradas para cada un dos/as nados desde o  1 de xaneiro de 2004 en diante.

As entradas recolleranse na primeira planta do edificio de servizos administrativos do Concello de Sada, na Avenida da Mariña 25, desde hoxe até o 12 de agosto. Será preciso traer o DNI, o libro de familia ou unha autorización asinada, das persoas que non poidan acudir ao Concello a polas entradas, delegando a entrega das mesmas na persoa que pase a recollelas e indicando o nome do neno/a.

Arquivado en