A concellería de Benestar e Igualdade programa diversos actos para conmemorar o 25 de novembro

22 / NOV / 2016

A concellería de Benestar e Igualdade programa diversos actos para conmemorar o 25 de novembro

A concellería de Benestar e Igualdade, xestionada pola nacionalista Isabel Reimundez, conmemora o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, desenvolvendo varias actividades dirixida a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. 

Sada 22 novembro 2016.

O pasado venres comezou a campaña Sada en Negro que terá continuidade ata o 28 de novembro. Máis de 70 establecementos empresariais sumaronse a esta campaña tinguindo de negro os escaparates de Sada. Moitos vestíronse tamén de negro en señal de dor polas mulleres que sofren violencia machista.

O venres 25 de novembro o auditorio da Casa da Cultura Pinto Loréns acolle a xornada “Educando en Igualdade” onde os centros educativos do municipio proxectan os materiais audiovisuais do seu traballo desenvolvido ao longo  do curso escolar nos obradoiros “Educando en Igualdade”.

O sábado 26 novembro ás 10:30 horas e con saída do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina (Oleiros) celebrarase a Andaina solidaria contra a Violencia de Xénero. Un percorrido de oito quilómetros pola ría do Burgo totalmente accesibles e pasando polos concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo, volvendo de novo ao punto de partida sobre as 12:30 horas.

Seguindo cos actos organizados pola concellería de Benestar o 28 de novembro prográmase a presentación teatral “Irene Mendiluce”. O acto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns a cargo da agrupación de teatro IES María Casares de Oleiros.

Finalmente o 9 de decembro ás 19:00 horas e tamén no auditorio da Casa da Cultura, celébrase a escenificación “Campaña Lazo Blanco”. O escritor Antonio Hidalgo organiza e dirixe unha representación teatral coa colaboración de mozos e mozas sadense.

Arquivado en