A Biblioteca Municipal de Sada programa un Maratón de Contos e numerosas actividades para o Día do Libro

23/04/2019

A Biblioteca Municipal de Sada programa un Maratón de Contos e numerosas actividades para o Día do Libro

-A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo celebrará o Día do Libro durante toda a xornada agasallando cun caravel vermello e un libro a todas as persoas que leven préstamos da Biblioteca Municipal e celebra o primeiro Maratón de Contos”, que ten como obxectivo a narración ou lectura de contos, en calquera idioma e de máximo 5 minutos de duración, escollidos libremente polo contador/a ou lector/a.

 


Sada, 23 Abril 2019.

O 23 de abril de 1616 faleceron Cervantes, Garcilaso de la Vega e Shakespeare, mais tamén é a data de nacemento ou falecemento doutros importantes autores como Maurice Druon, H. K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Plà e Manuel Mejía Vallejo.  En 1996, a UNESCO escolleu esta data para render homenaxe ao libro e aos autores e para animar a todas as persoas a descubrir o pracer da lectura. En España, e en particular en Cataluña, a tradición neste día é agasallar con libros e rosas.

A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo celebrará esta data durante toda a xornada agasallando cun caravel vermello e un libro a todas as persoas que leven préstamos da Biblioteca Municipal.

Ademáis terán un horario especial ininterrompido de 9:00 a 21:00 horas. Amplíase o horario habitual, o que significa que permanecerán abertos ao mediodía e que atrasarán unha hora o peche da Biblioteca.

Outras das características do Día do Libro na Biblioteca Municipal é que as socias e socios poderán levar ata 5 préstamos, entre libros, DVD, CD ou  revistas. E recoñeceranse as/os usuarias/os adultos e infantís máis leais. Ás persoas que máis préstamos retirasen durante o ano pasado en cada categoría faráselles entrega dun diploma ao “Superusuaria/o 2018” e dun lote de libros. Habilitarase ademais un espazo para que a xente que queira poida deixar aportacións de alimentos para as ONG de Sada (Cáritas, Club de Leones e Cruz Vermella).

MARATÓN DE CONTOS

A Suárez Picallo celebra tamén o primeiro Maratón de Contos”, que ten como obxectivo a narración ou lectura de contos, en calquera idioma e de máximo 5 minutos de duración, escollidos libremente polo contador/a ou lector/a. “Queremos que compartades esas historias que vos emocionan, vos fan pensar, vos inspiran” sinalan desde a Biblioteca e engaden que as persoas interesadas poden inscribirse para ista actividade par asignarlles un horario de lectura.


Arquivado en:
Alcaldía. Sada. Cultura.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA