A AEDL de Sada informa de axudas para empresas e autónomos

22 / MAR / 2017

A AEDL de Sada informa de axudas para empresas e autónomos

Desde a concellería de Urbanismo e Emprego, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) de Sada infórmase da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para a dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos e das axudas para a promoción do emprego autónomo.

Sada 22 marzo 2017

Dende onte e ata o 20 de abril empresas e autónomos de Sada poderán solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Estas axudas , publicadas no Diario Oficial de Galicia, subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por beneficiario. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no prazo máximo dun mes dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. Máis información e solicitude.

Por outra banda desde a AEDL de Sada infórmase tamén da publicación das bases do programa de Promoción do Emprego Autónomo da consellería de Economía, Emprego e Industria. 

O programa beneficia a persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación

A subvención establé unha contía base de 2.000€ para todas as persoas beneficiarias. Esta contía incrementarase nun 25% por cada un dos seguintes casos:

a) Persoa incorporada é unha muller

b) Persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en risco de exclusión social

c) Persoa incorporada cuxa unidade familiar todos os seus membros están desempregados

d) O centro de traballo está situado nun concello rural (inclúese Sada, a efectos desta subvención)

O prazo de solicitude remata o 02/10/2017. Convocatoria e solicitude on line

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente.  Se queres informarte mellor achégate á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Sada sita no edificio da OMIX na Avenida da Mariña, 46.