Sada volve celebrar esta fin de semana o Mestura Shopping, feira do comercio local
27/08/2019
O evento do comercio local sadense terá lugar na nosa vila este sábado 31 e domingo 1 de agosto no espazo habilitado no Paseo Maítimo detrás da Terraza.
Sada, 27 agosto 2019
CONVOCATORIA OPOSICIÓN PRAZA DE ENCARGADO DE OBRAS E SERVIZOS CORRESPONDENTE Á OEP 2016
27/08/2019
É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de persoal laboral fixo denominada Encargado de Obras e Servizos, pertencente ao Grupo IV do Convenio Colectivo, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016.(BOP A Coruña núm. 148, do 5-8-2016)
Convocatoria de postos de peóns en brigada de prevención de incendios
21/08/2019
Por resolución da Alcaldía 1454/2019, de data 01/08/2019, modificada por resolución 1456/2019, de data 02/08/2019, aprobouse a convocatoria de selección un peçon-conductor e un peón, persoal laboral temporal, para a formación dunha Brigada de prevención e extinción de incendios forestais.
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO 2019
20/08/2019
Obxecto da convocatoria. As presentes bases rexerán a selección polo polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dun (1) posto de técnica/o de turismo que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal.
Sada solicita por 4ª vez entrevista co conselleiro de Sanidade para tratar o tema do cambio de ubicación do Centro de Saúde
20/08/2019
O alcalde de Sada remitiu a pasada semana un escrito ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, onde se solicitaba entrevista persoal para tratar un asunto que é “obxetivo prioritario para o goberno de Sada”.
Sada demanda da Xunta de Galicia dialogo e acordos para evitar novas inundacións.
20/08/2019
O alcalde de Sada remitiu un escrito á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Mª Vázquez Mourelle, informando da situación xerada polos ríos Maior e Fontoira ao seu paso polo centro Sada e solicitando unha solución definitiva na canle do río Maior logo da intervención do Concello de Sada no barrio de Cantalarrana realizando, con fondos propios e co apoio financeiro da Deputación da Coruña, unha serie de investimentos tales como a execución do separativo de pluviais e saneamento, a construción dun tanque de treboadas.
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DUN AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN
19/08/2019
Obxecto da convocatoria. A provisión polo sistema de concurso de méritos, en quenda libre dun (1) posto de Axente da tecnoloxía da Información e da comunicación para o Concello de Sada, para a súa contratación laboral temporal a tempo completo. A persoa seleccionada prestará servizos na aula CeMIT de Sada, aula de referencia pública de acceso ás novas tecnoloxías e integrada na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica.
Festas máis sostibles acústicamente
15/08/2019
A Concelleria de Cultura incorpora melloras de sostibilidade ambiental acústica nas Festas de Sada e informa que durante as Festas Patronais (do 15 ao 18 de agosto), as atraccións ubicadas na Praza Irmáns Suárez Picallo non emitirán música en horario de 18:00 a 19:00 para que as persoas con hiperacusia (sensibilidade auditiva) poidan gozar das mesmas.