Xuventude...

AXENDA

Xuventude


Convocatoria para a contratación laboral dun posto de técnico/a de deportes

Convocatoria para a contratación laboral dun posto de técnico/a de deportes

21/09/2016

ACTUALIZADO A 21 SETEMBRO 2016

Convocatoria para a contratación laboral dun posto de TÉCNICO/A DE DEPORTES.

Información e asesoramento para coidadoras de persoas dependentes.

Información e asesoramento para coidadoras de persoas dependentes.

21/09/2016

A concellería de Benestar, a través dos Servizos Sociais do Concello de Sada, ofrece información e asesoramento así como apoio e obradoiros para as coidadoras de persoas dependentes. Para máis información: Servizos Sociais Municipais: 981 620 567.

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

20/09/2016

Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente,  convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 26 de setembro, ás 18:00 horas na Capela de San Roque, para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto de devandito evento e ao mesmo tempo presentar as actividades previstas cara ó vindeiro ano.

MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL CURSO 2016-2017

MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL CURSO 2016-2017

19/09/2016

Actualizado a 19 de setembro 2016

A Escola Municipal de Música de Sada é un centro de formación musical onde teñen cabida todas aquelas persoas que queiran aprender, coñecer e gozar da música sen límite de idade e sen que sexan necesarias unas aptitudes específicas previas, contribuíndo ao acceso da música participativa.

Sada leva ao Consello Consultivo o expediente de asunción de competencias impropias para facer fronte aos gastos do CEIP O Mosteirón.

Sada leva ao Consello Consultivo o expediente de asunción de competencias impropias para facer fronte aos gastos do CEIP O Mosteirón.

17/09/2016

-"O que temos claro, sinala o alcalde de Sada Benito Portela, e que esto non pode seguir así e ou ben pagamos nos, ou ben paga a Xunta. Pero que o faga xa. Desde a entrada deste goberno queremos dar unha solución ao problema de Mosteirón pero sempre atopámonos coas trabas da Xunta".

Sada renova a iluminación pública das rúas Barrié da Maza e República Arxentina en Sada e nos accesos a Carnoedo, O Castro, Castelo e Meirás

Sada renova a iluminación pública das rúas Barrié da Maza e República Arxentina en Sada e nos accesos a Carnoedo, O Castro, Castelo e Meirás

13/09/2016

-Nos próximos días o Concello sacará a licitación o cinco obras das que se compón o proxecto de mellora de iluminación nas rúas e estradas do municipio.

O goberno de Sada quere transmitir o seu pesar polo pasamento de Manuel Couzo, Fillo Predilecto do noso Concello

O goberno de Sada quere transmitir o seu pesar polo pasamento de Manuel Couzo, Fillo Predilecto do noso Concello

12/09/2016

"Aínda que lonxe de nós e da súa terra, o Concello de Sada, co alcalde Benito Portela á cabeza, quere mostrar as súas condolencias pola perda de alguén tan querido para a colectividade sadense e galega na Arxentina. Sirvan estas palabras para lembrar aos que como Manuel Couzo tanto traballaron lonxe de Sada polos veciños e veciñas emigrados a través das asociacións como o Centro "Sada e Contornos" en Buenos Aires. As nosas condolencias e o noso máis sentido pésame”. Con estas palabras o Concello de Sada mostraba as súas condolencias o pasado sábado pola morte de Manuel Couzo Bermúdez anunciado desde a Arxentina.

XXII Día da Bicicleta Sada 2016

XXII Día da Bicicleta Sada 2016

10/09/2016

O domingo 18 de setembro Sada celebrará a XXII edición do Día da Bicicleta.

O percorrido realizarase desde as 11:00 ás 13:00 horas con saída e chegada na Casa da Cultura. Os adultos percorrerán un total de 12 km, mentres que os máis pequenos acompañarán aos adultos no seu parte final, polo carril bici do Paseo Marítimo.