Turismo presenta unha app co directorio empresarial de Sada
06/06/2016
- A aplicación para dispositivos móviles de Turismo de Sada recollera toda a información de interese para os visitantes e conveciños; desde recursos turísticos e patrimoniais, ata festas e eventos, comercio e hostalaría, que fará máis accesible a información de cara ao visitante.
Portela firmará un convenio coas Cerámicas para que os vecinos de Sada disfruten da piscina do complexo Pía do Loureiro no Castro
06/06/2016
- As Cerámicas do Castro comprométense ademáis con Portela ao deseño a prol do concello de Sada dunha peza institucional significativa que sexa emblema singular da cidade de Sada, así como tamén a continuar realizando as placas para a identificación das rúas sadenses segundo o modelo oficial que foi deseñado polas Cerámicas do Castro-Sargadelos, de maneira altruísta e sen que supoña ningún custo para o concello.
Convocatoria provisión de tres prazas de Auxiliares da Policía Local
06/06/2016
Actualizado a 6 xuño de 2016
O Concello de Sada abre a convocatoria para a provisión de tres prazas de Auxiliares da Policía Local en réxime de contratación laboral temporal.
Sada lembra a necesidade de manter limpas e desbrozadas as fincas do municipio.
04/06/2016
-A Ordenanza Xeral de limpeza e medio ambiente do Concello de Sada, regula o impedimento de sobresaír á vía pública ningunha clase de vexetación ou maleza dos solares particulares e tamén as obrigas dos propietarios dos terreos agrícolas e forestaisde mantelas en condicións de limpeza e hixiene adecuadas a súa natureza, e libres de silvas, mato e broza que poidan ser orixe ou faciliten a propagación de incendios.
O VIII Festival Rock Solidario de Aspace celebrase este ano en Sada o venres 10 xuño.
04/06/2016
- Organizado pola concellaría de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, e pola Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña, contará coas bandas Tregua, Adobriga, Prima Nocte, Rocket King (grupo tributo a Guns N´Roses) e Far Away Place.
"Xiba Rebozada" de A Nosa Viña e "A Trampa da Xiba" de Cova D´Anca premiadas na VII Festa da Xiba
04/06/2016
Onte á tarde un xurado composto por Tatiana Oller (Chef), Sonia Molero (Sumiller) e Diego López (Técnico da Reserva da Biosfera), acordaron conceder o premio de mellor tapa de Xiba de este ano á realizada por A Nosa Viña co nome de "Xiba Rebozada".
AEDL de Sada promove obradoiros de traballo en equipo e cooperativismo.
03/06/2016
-Os dous obradoiros desenvolveranse na Casa da Cultura Pintor Lloréns no mes de xuño.
- Impartidos por Ugacota e gratuitos, están destinados a persoas interesadas tanto desempregadas como aquelas que queiran traballar de forma cooperativa.
O goberno local aproba a mellora das instalacións e cercanías do campo de fútbol As Mariñas-Andrés Pena
01/06/2016
- Ademais de instalar servizos básicos, como saneamento e iluminación nas proximidades, pavimentarase practicamente o 100% da rúa de acceso ao campo e do interior do recinto para o uso de xogadores e espectadores, é dicir o perímetro en torno ao propio terreo de xogo que tanto demandaron usuarios e pais dos xogadores de categorías inferiores do Rayo Sadense e do Sporting Sada.