EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DO DNI EN SADA
12/09/2019
Os vindeiros días 4 e 5 de novembro de 2019 desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos, estimándose un cupo diario de 55 solicitudes.
A piscina municipal abre de novo logo do remate dos traballos de cambio de climatizadora
12/09/2019
Logo de rematar os traballos de cambio de maquinaria da climatizadora da instalación que obrigaron a pechar durante uns días a piscina municipal abre de novo no seu horario habitual.
Sada 12 setembro 2019.
SADA SEDE DA XXVI REGATA DE CRUCEIROS PARA DOUS TRIPULANTES E SOLITARIOS
11/09/2019
-A proba, que terá lugar o vindeiro sábado 14 de setembro na ría de Sada, conmemora o quinto centenario da primeira “Circunnavegación do mundo Magallanes-Elcano”.
CURSO DE COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS
11/09/2019
O vindeiro xoves 12 de setembro de 9:30 a 13:30 terá lugar na aula CeMit de Sada un curso de competencias dixitais básicas "Internet e ti" impartido por Fran Rivera.
Para este curso gratuíto só hai 10 prazas dispoñibles. As inscricións poden realizarse no 981 62 00 75 Ext:259 - contact@fran-rivera.com - blog.fran-rivera.com
XV MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO DE SADA
10/09/2019
Do 15 de setembro ao 27 de outubro terá lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns a XV Mostra de Teatro Afeccionado de Sada.
Programa:
MARCHA SOLIDARIA PARA VISIBILIZAR E CONCIENCIAR SOBRE O TDAH
09/09/2019
A concellería de Educación e Deporte colabora coa Fundación Ingada na V Edición do "Camino de la Diversidad" que terá lugar o sábado 12 de outubro.
Dentro das accións de colaboración da concellería de Educación e Deportes con distintas asociacións e organismos e como paso previo ao convenio de colaboración coa Fundación Ingada o departamento municipal colabora coa celebración do "Camino de la Diversidad", unha marcha solidaria para visibilizar e concienciar á poboación sobre o TDAH e os trastornos asociados, así como da diversidade funcional en xeral.
Sada será a sede do XII Campionato de España de Milla en Ruta Absoluto e Máster
06/09/2019
-O próximo mes de abril de 2020, Sada converterase na capital do atletismo nacional posto que foi a cidade elixida para albergar o XII Campionato de España de Milla en Ruta máster e élite.
IX Carreira da Auga Unicef - Sada
03/09/2019
O Club Atletismo Sada e o Concello de Sada organizan a IX Carreira da Auga UNICEF o vindeiro domingo 29 de setembro no Paseo Marítimo onde o total do recaudado por las inscricións será doado a UNICEF