Veciños...

AXENDA

Veciños


O novo parque infantil do Paseo Marítimo de Sada estará operativo en primaveira.

O novo parque infantil do Paseo Marítimo de Sada estará operativo en primaveira.

04/01/2019

-A xunta de goberno local adxudicou en 244.451,00€ á empresa Lappset España SL a  remodelación do parque infantil do Paseo Marítimo para disfrute dos veciños e veciñas do municipio así como para convertelo nun atractivo para a área metropolitana de A Coruña.

Sada recibe aos deportistas do Natural Sport de Taekwondo

Sada recibe aos deportistas do Natural Sport de Taekwondo

04/01/2019

O Concello de Sada recibiu no Salón de Plenos, coa presenza do alcalde, Benito Portela, e a concelleira de Deportes, Zeltia García, as/aos deportistas do Natural Sport Sada de Taekwondo que ven de lograr numerosos éxitos nos Campionato de Europa de Técnica e no Campionato de España de Clubes celebrados en Castellón no pasado mes de decembro.

Sada adxudica a obra de pavimentación e mellora de servizos na rúa Sadadarea

Sada adxudica a obra de pavimentación e mellora de servizos na rúa Sadadarea

29/12/2018

-A Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Excavaciones Melchor a pavimentación de beirarrúas e mellora de servizos afectados na rúa Sadadarea por importe de 53.275,40€.

CABALGATA DE REIS 2019

CABALGATA DE REIS 2019

28/12/2018

LISTAXE PARTICIPANTES E LISTA DE AGARDA DA CABALGATA DE REIS 2019. 

PERECORRIDO DA CABALGATA DE REIS

CAMPAÑA DE INVERNO 2019 DE ESQUI

CAMPAÑA DE INVERNO 2019 DE ESQUI

27/12/2018

O concello de Sada foi incluido no programa de esquí “CAMPAÑA DE INVERNO 2019”, da Deputación Provincial, para o que se lle adxudican  8 prazas. A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda e correspóndelle a 4ª quenda, dende o 15/02/2019 ó 18/02/2019.

Sada cambia o cerramento das pistas polideportivas do Paseo Marítimo

Sada cambia o cerramento das pistas polideportivas do Paseo Marítimo

26/12/2018

-Dotamos de novo peche as pistas do paseo por un máis duradeiro e consistente para unha maior seguridade dos usuarios, sinala Zeltia García

@salto@

Sada aprobou actuacións nos  Plans Provinciais por valor de preto dun  millón de euros.

Sada aprobou actuacións nos Plans Provinciais por valor de preto dun millón de euros.

24/12/2018

-A proposta de alcaldía, aprobada polo Pleno da Corporación,  contempla a mellora do barrio de Fontán, do lugar do Tarabelo, dos accesos ao polígono industrial Sada-Cambre e de distintos camiños nas parroquias, así como proxectos de distribución de auga en Osedo, a reforma do edificio da OMIX e a remodelación do parque infantil da urbanización das Brañas.

BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2018

BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2018

19/12/2018

PUBLICADA A AVALIACIÓN DE SOLICITUDES PARA AS BOLSAS DEPORTISTAS 2018. OS BENEFICIARIOS DAS BOLSAS TEÑEN DE PRAZO PARA ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DESDE O DÍA 20/12/2018 ATÉ O 04/01/2019 (AMBOS INCLUSIVE)