Veciños...

AXENDA

Veciños


VI Outono de Tapas Sada 2018

VI Outono de Tapas Sada 2018

29/10/2018

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente de Sada, xunto coa agrupación Eres de Tapas Si..., organiza o VI Certame Outono de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar o sector hostaleiro, a restauración e o turismo do municipio.

Traballos de Inserción de Persoas Desempregadas

Traballos de Inserción de Persoas Desempregadas

29/10/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) está a colaborar coa Fundación Equipo Humano, na execución dun programa denominado Traballos de Inserción de Persoas Desempregadas con base no Acordo Marco P.A. 17/13 de Axencias de Colocación na provincia da Coruña.

Sada humaniza o núcleo urbano con máis zonas peonís

Sada humaniza o núcleo urbano con máis zonas peonís

29/10/2018

Sada prima a calidade das zonas peonís o que se nota nas últimas obras no municipio. Desde a concellaría de Obras e Servizos adxudicouse recentemente a obra de mellora de Praciña do Conde, licitáronse os traballos en rúa Ponte, e estase traballando en Cantalarrana e na avenida República Arxentina. Con todo iso o núcleo urbano de Sada busca converterse nun lugar idóneo para os peóns, familias e o comercio de proximidade.

O alcalde de Sada demanda da Deputación maior seguridade na estrada DP5813

O alcalde de Sada demanda da Deputación maior seguridade na estrada DP5813

29/10/2018

-Un informe engargado pola alcaldía á Policía Local, enviado no mes de febreiro á Deputación, cifra en máis dun accidente mensual na estrada DP5813 ao seu paso pola parroquia de Osedo.

O INE coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante

O INE coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante

26/10/2018

-Sada ocupa o posto 453, dun total de 8.116 municipios España, e o 11 da comunidade autónoma de Galicia en renda bruta por habitante con 25.695€. Desde o 2014 Sada aumentou dous postos nos concellos de Galicia con maior renda pasando do 13 ao 11 cun aumento do 5,6% e moi preto de Vigo que ocupa o 10 posto da comunidade con 25.871€.

O Ministerio de Enerxía concede 230.000€ ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

O Ministerio de Enerxía concede 230.000€ ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

24/10/2018

- O goberno local levará ao pleno do próximo xoves un expediente de crédito extraordinario para financiar con cargo ao remanente de tesouraría o 20% restante da financiación dos proxectos para os que solicitou a axuda ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio de Enerxía e que xestiona fondos europeos Feder.

Sendereando Fervenza de Toques

Sendereando Fervenza de Toques

22/10/2018

A concellería de Educación, Xuventude e Saúde  organiza un roteiro en Fervenza de Toques o domingo 28 de outubro. A data límite de inscrición é o 19 de outubro.

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

22/10/2018

Dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos curso ten coma obxetivo mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes empadroadas nos municipios da provincia de A Coruña, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.