A concelleira de Benestar Social cree que Sada ten os orzamentos “máis sociais da súa historia”
08/02/2016
- Isabel Reimundez, concelleira de Benestar Social, enumera os datos máis salientables do orzamento da súa concellería destacando no capítulo de persoal por primeira vez a dotación dunha praza de educadora social. “A praza é por un ano e intentaremos incluila nos orzamentos do vindeiro ano xa que é totalmente necesaria esta labor nos servizos sociais.”
Sada destina a investimento e fomento do deporte máis de medio millón de euros
01/02/2016
En total o orzamento para o ano 2016 destina 468.573,71€ ao capítulo deportivo ao que hai que sumar tres actuacións, que se están levando a cabo conxuntamente con outras concellarías e coa alcaldía e que tamén teñen como fin o fomento do deporte no municipio, como son o novo carril bici do paseo marítimo, a solicitude a Xuventude do uso do pavillón do albergue da Mariña Española e a solicitude de dotación de herba artificial do campo de fútbol de Carnoedo á Deputación.
Sada leva a pleno un orzamento social e comprometido coa xente
28/01/2016
O capítulo de investimentos ascende a 441.600€ para a realización de 23 actuacións en educación, mobilidade, sanidade, instalacións deportivas, industria e medioambiente ademáis de aumentos en todas as áreas con especial relevancia en educación, cultura, deportes e emprego.
Educación destina 127.000EUR a inversións nos colexios e no Centro de Saúde e aumenta as subvenciones as familias
26/01/2016
A concellería que dirixe a socialista Raquel Bolaño inclúe no orzamento a cuberta do patio do colexio Sada e Contornos, a continuación da pasarela do CEIP de Mondego e unha pasarela de abrigo e acceso para peatóns e ambulancias no Centro de Saúde.
Éxito de organización e participación do Trail Costa Doce
25/01/2016
De enorme éxito pódese definir o I Trail Costa Doce que se celebrou no día de onte en Sada no que sobresaíu o traballo dos voluntarios que fixeron desta proba unha das mellores do circuíto autonómico.
Cultura aumenta un 100% as partidas destinadas á Biblioteca e creará unha escola municipal de Danza.
22/01/2016
A concellaría xestionada polos socialista Marcos Villar contempla ademais un aumento do 65% na partida destinada ao acondicionamento das praias do municipio.
A Banda de Música contará con partida orzamentaria independente cunha dotación de 3.000€ para o desenvolvemento de actividades.
Turismo de Sada reclama unha solución inmediata para á problemática ás visitas ao Pazo de Meirás
18/01/2016
- O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Lois Suárez Becerra, fala da imaxe proxectada cara ao exterior o que provoca segundo as súas palabras “vernos profundamente danados”
I concurso Entroido de Tapas
13/01/2016
A Concellalía de Promoción Económica e Turismo do Concello de Sada organiza ó I CONCURSO "ENTROIDO DE TAPAS" co obxectivo de promocionar e potenciar o sector hosteleiro, a restauración e o turismo no municipio a través da temática do entroido, ademáis de fomentar o uso das redes sociais e as novas tecnoloxías na cidadanía.