III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA
25/05/2016
Desde a Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, están a organizar o III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA
Sada celebra a VII Festa da Xiba este fin de semana.
25/05/2016
-A Festa da Xiba celebrarase do venres 27 ao domingo de maio en 32 establecementos hostaleiros sadenses.
- A concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, dirixida por Xosé Lois Suárez Becerra, repartirá gratuitamente entre os locais participantes 600 quilogramos de xiba.
Entrega diplomas do curso de monitor de Fútbol Base que organizou o Rayo Sadense coa colaboración da concellería de Deportes
24/05/2016
Onte clausurouse o curso de adestrador de fútbol basee que se realizou en Sada nos pasados meses coa presenza da concelleira de deportes, Zeltia García, do presidente do Raio Sadense, Jesús Lestón, e do representante da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera.
Seis asociacións de veciños de Sada programan unha excursión á Festa do Viño tinto do Salnés
20/05/2016
As asociacións de veciños de Meirás, Veigue, Carnoedo, O Castro, Mondego e Mosteirón (O Plátano) organizan unha excursión o vindeiro sábado 4 de xuño á Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia.
Sada lembra a prohibición de acceder con animais aos areais en época estival.
20/05/2016
- A Ordenanza Xeral de Limpeza de decembro de 2004 obriga ademais aos donos de mascotas a recoller as súas deposiciones e depositalos en papeleiras ou colectores de lixo.
- As sancións están tipificadas como graves e a contía das multas pode alcanzar os 600€.
Accións formativas da AEDL do Concello de Sada
20/05/2016
O Concello de Sada organiza dentro do I Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), dúas accións formativas:
Curso de manipulación de alimentos, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral. O Obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010)que está vixente na actualidade, e para:
MARCHA NÓRDICA EN SADA PARA CELEBRAR O III ANIVERSARIO DA RESERVA DA BIOSFERA
19/05/2016
A RITMO DE MARCHA NÓRDICA NA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO.
O próximo domingo 22 de maio de 2016 celebrarase unha Andaina pola Reserva de Biosfera a ritmo de marcha nórdica, un exercicio físico novedoso, sinxelo, saudable e seguro que se está a convertir nunha opción de turismo sostible cada vez máis demandada pola sociedade. Todo esto, nun ambiente social, distendido, relaxado e divertido para os participantes.
Sada celebra a Festa da Xiba a finais de maio
19/05/2016
-A festa de exaltación deste molusco cefalópodo celebrarase o fin de semana do 27 ao 29 de maio en 32 establecementos hostaleiros sadenses.
- A concellaría de Promoción Económica, Turismo E Medio Ambiente, dirixida por Xosé Lois Suárez Becerra, repartirá gratuitamente entre os locais participantes 600 quilogramos de xiba.