Maiores...

AXENDA

Maiores


Un millón de euros para Sada en plans de eficiencia enerxética

Un millón de euros para Sada en plans de eficiencia enerxética

15/03/2019

- A UE ven de notificar ao Concello de Sada que subvenciona o 80% do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no centro urbano e nas parroquias do termo municipal polo que se renovará a iluminación pública e no que se investirán 709.545 euros

Sada celebra San Patricio co Rockin Day, deportes, obradoiros e folk irlandés

Sada celebra San Patricio co Rockin Day, deportes, obradoiros e folk irlandés

13/03/2019

O Día de San Patricio é a festa nacional na República de Irlanda. Desde os últimos anos do século XX celébrase a nivel mundial debido á extensa diáspora irlandesa en países como Francia e España, Estados Unidos ou Canadá. Este ano tamén se celebra en Sada grazas á colaboración de distintas concellarías con asociacións e emprendedores locais.

Sada organiza excursións escolares ao legado de Luis Seoane

Sada organiza excursións escolares ao legado de Luis Seoane

12/03/2019

O Concello sumase ao recoñecemento ao artista, ao que este ano se lle dedica o Día dás Artes Galegas, cunha visita de estudantes á fundación que leva o seu nome

Sada, 12 marzo 2019

Sada contará con novo parque infantil na Semana Santa

Sada contará con novo parque infantil na Semana Santa

06/03/2019

-As obras, comezaron coa desgarga de material e valado de seguridade da zona, inclúen ademáis da instalación dos novos elementos de xogo a reparación e renovación do pavimento actual, a desmontaxe dos xogos preexistentes e a súa reparación e posterior entrega no almacén municipal para a recolocación polo Concello noutros parques do termo municipal. Asemesmo se instalará un novo valado na totalidade do perímetro do parque, cun deseño singular que permita a integración do parque no paseo marítimo.

Escola Municipal de Teatro. Curso 2019

Escola Municipal de Teatro. Curso 2019

28/02/2019

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo. 

28/02/2019 - DECRETO APROBACION LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EMT 2019.

ENTROIDO SADA 2019

ENTROIDO SADA 2019

28/02/2019

O Concello de Sada programa diversas actividades para as Festas do Entroido 2019 

Descarga programa completo do Entroido 2019.

Sada sede por segundo ano dos concertos de "Elas Son Artistas"

Sada sede por segundo ano dos concertos de "Elas Son Artistas"

28/02/2019

Elas son Artistas é un micro festival, un evento artesano de cultura, organizado por tres empresas galegas no que as mulleres creadoras son as protagonistas e no que buscase un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos.

Curso gratuito de Alérxenos

Curso gratuito de Alérxenos

26/02/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso de alérxenos gratuito onde terán preferencia na inscrición as persoas empadroadas en Sada.