Veigue...

AXENDA

Veigue

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia.


Sada programa Pilates en todas as parroquias do municipio

Sada programa Pilates en todas as parroquias do municipio

09/10/2019

O Concello de Sada a través da oncellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, programa en todas as parroquias do municipio a actividade de Pilates para dotar as persoas dunha actividade fundamental á hora de rehabilitar, motivar e mellorar a vida.

Actividades para maiores de 55 anos curso 2019-20105

Actividades para maiores de 55 anos curso 2019-20105

08/10/2019

O Concello de Sada abre a participación nas actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos, promovidas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, que teñen como finalidade contribuir a un envellecemento saudable e fomentar a autonomía persoal, promove-la participación e integración social das persoas, e previr situación de risco de exclusión social. Para elo desenvolvénse actividades Reforzo da Memoria, Ximnasia Terapeutica, Tai-chi, Ioga, Pintura e Restauración, orientadas ao fomento da calidade de vida e autonomía persoal, ao fomento da creatividade e expresión artística e a participación social.

Cultura promociona as actividades tradicionais das distintas asociacións sadenses

Cultura promociona as actividades tradicionais das distintas asociacións sadenses

30/09/2019

Desde a concellería de Cultura estase a promocionar as distintas actividades tradicionaiss programadas para este curso polas asociacións sadenses.

Deste xeito asociacións como A Meda do Castro, Queiroa, Nova Troula ou Os Patexeiros están a programar actividades culturais e de lecer como clases de baile, canto, pandeireta, acordeón, violín, guitarra, percusión tradicional, iniciación ao folclore ou carpintería de ribeira.

Sada convoca a sétima edición do concurso Outono de Tapas

Sada convoca a sétima edición do concurso Outono de Tapas

27/09/2019

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego organiza os próximos 8, 9 e 10 de Novembro a VII Outono de Tapas xunto co sector hostaleiro e coa colaboración da agrupación Eres de Tapas si...

Roteiros Saudables polas parroquias de Sada

Roteiros Saudables polas parroquias de Sada

24/09/2019

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado organiza os Roteiros Saudables, co obxecto de dotar aos veciños e veciñas dunha actividade amena, instrutiva e áxil para motivar e mellorar a vida e os coñecementos sobre o noso Concello.

EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DO DNI EN SADA

EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DO DNI EN SADA

12/09/2019

Os vindeiros días 4 e 5 de novembro de 2019 desprazarase a Sada o Equipo Móbil do DNIe a fin de efectuar a expedición dos oportunos documentos, estimándose un cupo diario de 55 solicitudes.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2019-2020

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2019-2020

05/09/2019

A concellería de Educación e Deportes do Concello de Sada abre a inscrición das escolas deportivas municipais 2019-2020. Este ano a Concellería de Deportes e os clubes de Sada ofertan 14 disciplinas deportivas para practicar durante o presente curso escolar. Atletismo, triatlón, xadrez, fútbol, fútbol sala, boxeo, halterofilia, patinaxe de velocidade, patinaxe artística, salvamento acuático, taekwondo, judo, baloncesto e vela lixeira. 

Convocatoria da contratación de tres técnicos/as en primeiros auxilios

Convocatoria da contratación de tres técnicos/as en primeiros auxilios

16/07/2019

Convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 3 técnicos/as en primeiros auxilios PS 26-19

IMPORTANTE: O prazo de presentación de instancias remata o 9 de xullo de 2019.