Veigue...

AXENDA

Veigue

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde incluiremos novas, enlaces de interese, fotos, etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativa a alumeado público, camiños ou calquera outra que se produza na parroquia, poden facelo a través do formulario de incidencias que encontrarán na parte superior. 

Tamén se poden solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxestións ou expresar a súa opinión sobre calquera tema da parroquia. 


Sada realizará melloras nas casas do pobo das parroquias

Sada realizará melloras nas casas do pobo das parroquias

11/06/2021

Este verán revitalizaranse as parroquias levando actividades culturais e de lecer

A concellería de Participación Cidadá organizou nos meses de primaveira a creación de hortos urbanos, unha actividade que tivo moi boa acollida e que terá continuidade coas persoas que acudiron aos cursos que estan interesadas en continuar realizando o mantemento do horto.

Bando Municipal para San Xoán

Bando Municipal para San Xoán

08/06/2021

O alcalde de Sada ven de anunciar nun Bando Municipal as medidas sanitarias que o Concello de Sada toma para celebración de actividades na noite de San Xoán.

BANDO MUNICIPAL QUE REGULA AS ACTIVIDADES EN SAN XOÁN

Sada reclama unha maior cobertura de fibra óptica

Sada reclama unha maior cobertura de fibra óptica

28/05/2021

O Concello de Sada, a través da concellería de Novas Tecnoloxías alegou ante o Ministerio de Asuntos  Económicos e Transformacion Dixital na consulta pública para identificar zonas sen dotación de fibra óptica  

Sada inicia o proceso de selección para contratar a 20 socorristas e técnicos de primeiros auxilios.

Sada inicia o proceso de selección para contratar a 20 socorristas e técnicos de primeiros auxilios.

20/05/2021

As persoas interesadas teñen ata o mércores 26 de maio para anotarse na convocatoria.

O soldo bruto que percibirá cada traballador/a superará os 1.200 euros ao mes (socorristas) e 1.100 euros/mes (técnicos/as primeiros auxilios) e trátase de postos que requiren formación específica. Entre outros requisitos, os aspirantes terán que estar en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente e posuír a titulación ou habilitación específica que se esixe en cada posto.

SADA LEMBRA A OBRIGA DE MANTER LIMPAS AS PARCELAS ANTES DO 31 DE MAIO

SADA LEMBRA A OBRIGA DE MANTER LIMPAS AS PARCELAS ANTES DO 31 DE MAIO

11/05/2021

O Concello de Sada, a través da Concellaría de Medio Ambiente, informa a todos os veciños e veciñas de, que a Xunta de Galicia publicou no DOG do martes 17 de abril de 2007, a lei de “Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia” modificada posteriormente pola lei 7/2012 de “Montes de Galicia” (DOG do luns 23 de xullo de 2012).

Sada permitirá o acceso de cans as praias en horario de noite e a primeira hora da mañá na época do verán.

Sada permitirá o acceso de cans as praias en horario de noite e a primeira hora da mañá na época do verán.

05/05/2021

O concello de Sada aprobou a finais do verán pasado a modificación da Ordenanza Xeral de Limpeza e Medio Ambiente que entrará en vigor este ano e que indica que “na época de verán comprendida entre o 1 de xuño e o 30 de setembro permitirase o acceso dos cans ás praias en horario de 22:00 a 10:00 horas podendo a alcaldía establecer calquera outra limitación que por razóns hixiénico-sanitarias sexan procedentes.”

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA

30/04/2021

Notificación pública PEL Reactiva Sada

30/04/2021 - Decreto de concesión definitiva de axudas PEL Reactiva Sada con ampliación de orzamento

Tres zonas de baño das praias de Sada acadan a calificación de excelente

Tres zonas de baño das praias de Sada acadan a calificación de excelente

14/04/2021

A Xunta de Galicia ven de informar da clasificación sanitaria final das zonas de baño, vixente para a tempada 2021, onde os areais de Arnela, Cirro e San Pedro acadan a máxima calificación.